Economía

O PP di que o goberno local falsea a realidade da Conta Xeral de 2019 e que só executou o 15% dos 21M€ do orzamento de investimentos

By 30 Novembro, 2020Sin comentarios

O voceiro popular lamenta que o PSOE “demostre un optimismo esaxerado diante dos datos deste documento contable e reta aos socialistas a que expliquen os motivos polos que deixaron sen gastar 18.056.877 € de investimentos do capítulo seis”

O voceiro do Grupo Popular lamenta que o PSOE “intente falsear as contas e demostre un optimismo esaxerado” de como xestionaron os orzamentos de 2019 cando se atendemos ao orzamento de investimentos que era de 21M€ “tan só foi quen de executar o 15%, deixando sen gastar 18.056.877 €”

Os populares tamén trasladaron na comisión de contas, que se celebrou esta mañá, a súa preocupación  polos importes pendentes de cobro en Lugo dende o ano 1992 ascenden aos 35.780791 €. Ese é o importe que ten rexistrado o departamento de recadación municipal sobre o total de cidadáns que teñen pendentes de pago sancións , tributos ou taxas co concello.

Para o voceiro popular sería preciso “un maior control para reducir esta sangrante cifra”. Ramón Carballo matizou que durante os anos de goberno de Lara Méndez (2015 a 2019) a cifra de morosidade sumou os 22.523.845 € “un dato que reflicte que algo está fallando á hora de levar as contas do concello xa que foron incapaces de localizar a cidadáns e empresas que adebedan recibos”.

O voceiro dos populares manifestou que “é lamentable que este bigoberno non tomase medidas definitivas para cobrar estas débedas, deixando morrer co paso do tempo parte destes dos recibos que non se pagaron”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies