Infraestruturas

PSOE e BNG rexeitan crear a comisión de investigación para resolver quen paga os 2,4M€ de indemnización da fábrica da luz

By 25 Febreiro, 2021No Comments

Os populares interpretan o voto en contra como un recoñecemento por parte de socialistas e nacionalistas de que “teñen moito que temer e moito máis que tapar e anuncian que repetirán esta iniciativa para o vindeiro pleno ordinario”

Na proposición de urxencia que PSOE e BNG tumbaron no pleno, que se celebrou esta mañá, os populares ademais de esixir de oficio a responsabilidade dos concelleiros socialistas que propiciaron a indemnización de 2,4M€,  tamén solicitaban que se dese conta periodicamente a toda a corporación da evolución dos trámites.

Dende o PP “por ética política” afirman que a alcaldesa, así como outros políticos e funcionarios que participaron nesta concesión “non están lexitimizados para dirixir o procedemento co ánimo de evitar manipulacións ou que se teledirixa esta actuación xa que a alcaldesa e o seu séquito non poden autoxulgarse, nin autoinvestigarse”.

Os populares queren evitar que os lucenses paguemos esta hipoteca millonaria a conta dos despropósitos da fábrica da luz iniciados polo ex concelleiro socialista Liñares que “casualidades do azar  está sendo xulgado estes días por cobrar subornos na adxudicación de obras e cuxa rescisión e indemnización provocou a neglixencia de Lara Méndez e o seu goberno”.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies