ProposiciónTransparencia

Aprobada, malia o voto en contra do PSOE, a proposición relativa á transparencia na contratación pública

By 26 Outubro, 2017Sin comentarios

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular lamentan o voto en contra dos socialistas xa que reflicte que seguirán poñendo trabas ao acceso á información e que estamos diante dun goberno que non cre na transparencia.A transparencia na contratación pública é un principio de marcado carácter instrumental xa que busca xerar competencia, de forma que unha maior concorrencia empresarial redunde nunha maior eficiencia dos fondos públicos. O obxectivo principal é o de alcanzar unha transparencia integral dende a fase inicial das licitacións ata a execución final das actuacións contratadas, en todo este proceso os Grupos da oposición xogan un papel importante debido a labor de control e fiscalización que exercen sobre o equipo de goberno co fin precisamente de preservar a devandita transparencia.

Lamentablemente as decisións adoptadas polo actual equipo de goberno en materia de transparencia na contratación pública se caracterizaron por apartar aos Grupos Municipais das mesas de contratacións e das xuntas de compras e polos incumprimentos plenarios sobre esta materia como o de regularizar os servizos que se están prestando por empresas sen contrato.

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 20 de abril de 2016 aprobouse unhas instrucións para o establecemento da necesaria coordinación en materia de contratación, adoptándose unha serie de acordos, no seu punto terceiro se sinalaba o seguinte “o servizo de Contratación deseñará un calendario anual a finais de cada ano para o ano seguinte, na que se recorde a data de finalización dos contratos ou das súas posibles prórrogas, que será remitido aos distintos servizos para o seu cumprimento”, o GMPP solicitou con data de 18 de setembro de 2017 unha copia do devandito calendario, recibindo o 28 de setembro a instancia da Concelleira Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económica resposta negativa da solicitude, incumprindo deste xeito os principios de Bo Goberno establecidos na Lei 19/2013 de 19 de decembro, de transparencia, acceso de  información pública e bo goberno.

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE:

 

  1. Dar cumprida información, cando así o requiran os Grupos políticos que forman parte da Corporación Municipal, dos acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local celebrada o 20 de abril de 2016 na que se aprobou unhas instrucións para o establecemento da necesaria coordinación en materia de contratación, e remitir de forma inmediata a todos os Grupos unha copia do calendario anual elaborado polo Servizo de Contratación, no que se recolle a data de finalización dos contratos e das súas prórrogas.
  2. Dar cumprimento ao acordo plenario adoptado o 29 de outubro de 2015, relativo a licitación de todos os servizos que actualmente se están a prestar por empresas sen contrato no Concello.
  3. Que os Grupos políticos que constitúen a Corporación Municipal formen parte das Mesas de Contratación con voz e sen voto.

Responder

13 − one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies