O PP acada a unanimidade do pleno para que a gratuidade do bus para parados, persoas con escasos recursos e menores entre en funcionamento coas novas liñas

By 28 Xaneiro, 2021Transporte urbano

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular acadaron a unanimidade do pleno para que a gratuidade do bus para parados, persoas con escasos recursos e menores entre en funcionamento coas novas liñas, un acordo que os edís populares agardan se cumpra e non quede nun caixón como moitos outros.

Dende o GMPP traemos de novo a este pleno unha proposta xa aprobada en Xuño de 2016 e que contou cos votos favorables, no seu día, de todos os grupos que compoñían esta corporación. Como quere que agora o máximo responsable en materia de transporte é o grupo do BNG, en concreto a tenencia de alcaldesa que recae en D. Rubén Arroxo, que no seu día votou a favor desta iniciativa e, á vista de que o citado concelleiro se comprometeu á posta en marcha do novo modelo de transporte de xeito inminente, dende o GMPP decidimos traer de novo a este pleno a proposta de aplicar a gratuidade do sistema de Transporte público urbano de viaxeiros a menores de 18 anos, xubilados, pensionistas e persoas con escasos recursos, agardando contar de novo co apoio da maioría de grupos desta corporación, polo mero feito de manter a coherencia de voto dos grupos e persoas que participaron en 2016 no debate.

No seu día esta proposta argumentábase do seguinte xeito:

A mobilidade é un punto de vital importancia no día a día dun Concello, e en maior medida na dinámica cotiá das nosas cidades. O custo económico que supón o transporte diario tanto para as persoas como para os Concellos, os atascos, a contaminación ambiental orixinada polos vehículos privados… poñen de manifesto a complexidade que rodea a mobilidade das cidades polo que se ven necesarias medidas que fomenten o emprego do transporte público en detrimento do vehículo privado.

O Concello de Lugo coa finalidade de fomentar o uso do transporte público urbano debería estudar medidas encaminadas a fomentar o mesmo e que supoñan ademáis un beneficio social, entre elas establecer a gratuidade do seu uso para aquelas persoas que teñen escasos recursos económicos.

De igual xeito poderíase estudar a posibilidade da gratuidade para pensionistas e xubilados, e deste xeito facilitar o transporte deste colectivo dentro do noso municipio.

Outra medida a levar a cabo para fomentar e crear un hábito de emprego do transporte público entre os máis novos, sería tamén estudar a gratuidade para os aproximadamente 15.000 menores de idade que hai no noso municipio, o que permitiría non só facilitar o uso do bus para estes mozos senón que ademáis serviría para concienciarlles da necesidade de contar cunha cidade máis sustentable, limpa, con menos atascos, emisión de ruídos, por tanto unha inversión de futuro no noso municipio.

Outras medidas de cara a fomentar e potenciar o transporrte público poden ser o establecemento de bonos familiares con tarifas reducidas ou a creación de bonos de carácter mensual ou semanal con viaxes ilimitados nese período. Tamén de cara a un mayor emprego de transporte público para acudir aos centros de traballo sería interesante estudar a creación de bonos e tarifas de empresas.

Todos os argumentos aprobados nesta proposición no ano 2016, seguen sendo exactamente igual de válidos en 2021, porque por desgraza o servizo segue igual.

Do mesmo xeito dende o GMPP, instamos ao equipo de goberno á posta en marcha, no menor prazo de tempo posible, das novas liñas de transporte urbano e aproveitar esta posta en marcha para mellorar as frecuencias, con liñas que cubran todo o municipio, poñer en marcha unha App para móbiles con información en tempo real e planificador de rutas e mellorar a información das paradas ofrecendo información en tempo real.

Como na actualidade, e tras varios anos, seguimos cun sistema deficitario tanto economicamente como en servicio, que precisa dunha reestruturación integral para dar o servizo que merecen os lucenses e captar usuarios, o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Instar ao goberno municipal a que coa posta en marcha das novas liñas de transporte urbano se execute o acordo plenario, a iniciativa do PP, aprobado no pleno do 30 de xuño de 2016 do Concello de Lugo, cos votos a favor de PP, PSOE, BNG, C´S, LUGONOVO, ACE:
    1. Instar ao Goberno Municipal a estudar a posibilidade de establecer a gratuidade do transporte público urbano de viaxeiros para menores de 18 anos.
    2. Instar ao Goberno Municipal a estudar a posibilidade de establecer, en función do seu nivel de renda, a gratuidade para pensionistas, xubilados e colectivos de mobilidade reducida.
    3. Instar ao Goberno Municipal a estudar a posibilidade de establecer a gratuidade do transporte público urbano para persoas e familias con escasos recursos.
    4. Instar ao Goberno Municipal a estudar a posibilidade de crear bonos familiares e de empresas con descontos.
    5. Instar ao Goberno Municipal a estudar a posibilidade de crear bonos de carácter semanal, mensual, etc. Con viaxes ilimitadas durante ese período.

Leave a Reply

thirteen − 7 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies