InfraestruturasProposiciónTransparencia

O PP denuncia un novo intento do PSOE de paralizar as obras comprometidas pola Xunta para o barrio da Residencia

By 29 Novembro, 2018Sin comentarios

O Grupo Popular contou co apoio de Cidadáns para aprobar a iniciativa coa que se insta ao Goberno Central a cumprir os compromisos adquiridos polo anterior executivo coa construción da nova comisaría da Policía Nacional nos terreos da antiga residencia. Antonio Ameijide lamentou a enmenda presentada polo goberno local, xa que o único que perseguía era “dilatar a construción das infraestruturas comprometidas pola Xunta”, unha postura “imposible de comprender” máis tendo en conta que onte concederon, en xunta de goberno local, a licenza para a demolición a demolición do antigo Hospital Xeral, unha intervención que ten un importe de 3,3M€.

O PSOE leva máis de dezanove anos gobernando no Concello de Lugo, e nese período de tempo non foi quen de planificar, nin de prever o futuro do barrio da Residencia, cando xa se sabía que as instalacións sanitarias se trasladarían ao HULA.

Dende a Xunta de Galicia existe un compromiso firme para dotar de servizos ao barrio de Residencia nas instalacións do antigo Hospital, nos que destaca un centro integral de saúde, unha residencia da terceira idade, un centro tecnolóxico vinculado a Rozas, un centro de emprego, así como unha planta de biomasa, inversións todas elas valoradas en máis de 21 millóns de euros.

De feito hai uns días se publicou no Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación para os traballos de construción do Centro Integral de saúde no barrio da Residencia, o que permitirá reducir os prazos na recepción das ofertas, e conseguintemente axilizar os trámites para que as obras finalicen no menor prazo posible.

Fronte a isto, vese o inmobilismo tanto do Concello de Lugo como do actual Goberno do Estado, que ata o de agora, non amosou vontade política de cumprir co compromiso adquirido polo anterior Goberno de dotar a Lugo dunha nova Comisaria de Policía Nacional, dentro dos terreos que ocupaban o antigo Hospital Xeral.

Hai que recordar que nese senso se celebraron varias reunións, nas que participaron a Consellería de Facenda da Xunta e Galicia, a Secretaria de Estado da Seguridade Social, a Dirección Xeral de Policía e a Tesourería da Seguridade Social, que permitiron iniciar os trámites para a cesión ao Ministerio do Interior dos terreos para a construción da nova Comisaria da Policía Nacional, polo que é imprescindible continuar co traballo iniciado polo Goberno do Partido Popular para que Lugo conte cunha nova Comisaria de Policía no barrio da Residencia, que preste mellores servizos a cidadanía, e que sirva para revitalizar o barrio.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde instar:

1. Instar ao Goberno do Estado a cumprir o compromiso de construír unha nova Comisaría de Policía, nos terreos da antiga Residencia de Lugo, incluíndo nos orzamentos dos vindeiros anos as partidas suficientes para os proxectos, obras e instalacións.
2. Instar á Xunta de Galicia a cumprir o compromiso de dotar de servizos ao barrio da Residencia de Lugo nas instalacións do antigo Hospital, nos que destaca un centro integral de saúde, unha residencia da terceira idade, un centro tecnolóxico vinculado a Rozas, un centro de emprego, así como unha planta de biomasa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies