O PP sorprendido ante a negativa de Lara Méndez e Rubén Arroxo de esixir unha baixada de impostos a Pedro Sánchez

By 27 Maio, 2021Economía

Os populares non entenden que nin a alcaldesa nin o vicealcalde se preocupen de defender os intereses dos lucenses ao negarse a esixir a Pedro Sánchez a que renuncie ao seu último sablazo fiscal e que afecta a todos os cidadáns, entre o que se inclúe o cobro polo uso das autovías

En 2020, o PIB español afundiuse un 11%. Trátase da maior caída dende que se teñen datos, dende o fin da Guerra Civil, e a maior dos países da OCDE. A débeda pública española alcanzou os 1,37 billóns de euros, a cifra máis alta dende a guerra de Cuba. Nun so ano, a débeda de España incrementouse en 122.439 millóns de euros e escalou ata supoñer o 122% do PIB. Para entendelo mellor, o incremento da débeda do ano 2020 “comeríase” por se só o 88% dos fondos de recuperación que o noso país recibirá da Unión Europea nos próximos anos ata 2026 (140.000 millóns de euros).

En 2020, España destruíu 622.000 empregos e a taxa de paro ascendeu ao 16,13%. Segundo os datos de Eurostat, case o 40% do aumento do paro na eurozona concentrouse en España, situando o noso país á cabeza do desemprego en Europa. En 2021, o panorama non é máis alentador xa que, no primeiro trimestre do ano, España destruíu 137.000 empregos. Na actualidade, máis de 6 millóns de españois queren traballar pero non poden, 2 millóns engrosan as ‘colas del hambre’ e 1,2 millóns de fogares teñen a todos os seus membros no paro. Pois ben, no peor momento das últimas décadas, o Goberno de España decidiu subir a presión fiscal ás familias. Así, nos Presupostos Xerais do Estado para 2021 incluíse un aumento da recadación derivado da suba de impostos por un importe de 8.000 millóns de euros.

Dende o 1 de xaneiro de 2021: • subiu o imposto de matriculación • incrementouse o IVE das bebidas azucradas ata o 21% • as pólizas de seguros de fogar, de vehículos, de decesos, do comercio etc. que teñen 17,8 millóns de españois, o 95% das familias, subiron ao aumentar o imposto aos seguros. • comezaron a funcionar as taxas Google e Tobin que se aplican sobre determinados servicios dixitais e sobre as transaccións financeiras respectivamente. • as desgravacións que teñen millóns de españois polos seus respectivos plans de pensións, -que tanto se incentivaron ata o de agora como aforro-, quedaron reducidas a unha mínima contía.

Mentres os distintos gobernos da Unión Europea optaron por baixar a presión fiscal aos cidadáns, o goberno de Sánchez decide subilos, cando os ingresos das familias, autónomos ou empresas estanse a ver moi reducidos e, en algúns casos, desapareceron, contribuíndo ao maior empobrecemento dos españois, especialmente aqueles con rendas medias e baixas.

Case todos os estudos coinciden en sinalar que o 84% dos novos ingresos estatais obteríanse de familias de rendas medias e medias/baixas. Só un 16% da nova recadación, aproximadamente, chegará ás arcas do Estado dende as persoas que teñen un maior poder adquisitivo.

Por si o “sablazo fiscal” incluído nos PXE para 2021 non fora suficiente coñecemos, que, entre os máis de 2.000 folios do ‘Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia’ enviado a Bruxelas, o Goberno de España esconde unha subida histórica de impostos. Entre os aspectos máis destacados podemos mencionar: • a eliminación da redución por tributación conxunta no IRPF que beneficia a 3,7 millóns de fogares, sobre todo se teñen fillos a cargo e uno de los cónxuxes está en paro ou rexistra uns ingresos moi baixos. • a eliminación ou modificación de 13 beneficios fiscais (reduccións, exencións, bonificacións) dende os tipos reducidos de IVE ou a exención deste tributo en sanidade e educación, a reducción en IRPF por aluguer de vivendas ou as bonificacións dos hidrocarburos empregados como carburante (é dicir, aumento do imposto que grava o diesel). • establecerase un imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiro e á incineración e outro que grave os envases de plástico non reutilizables • ademais, a partir de 2024 o goberno imporá o pago por uso (peaxe) nas vías de alta capacidade (autopistas e autovías) non só estatais senón tamén autonómicas.

A escusa que esgrime o goberno para perpetrar este atraco á sociedade española é que “España presenta un diferencial negativo de ingresos en relación con la Unión Europea” e que hai que “acercar los niveles de tributación de España a la media de los países do noso entorno” (Páx.1 del “Componente 28-Adaptación del sistema impositivo a la realidade do século XXI” del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia).

Tamén argumentou que pretende igualar a presión fiscal española á media europea subindo impostos aos ricos que permitirán poder financiar un maior gasto social. Ante esto hai que sinalar que a presión fiscal non é, segundo todos os expertos, o mellor indicador para valorar si un país carga aos seus cidadáns con moitos impostos ou non. Isto é así porque en España hai unha serie de factores que provocan que a cifra de recadación e por tanto, a ratio de recadación en relación ao PIB (presión fiscal), sexan baixos: taxa de desemprego que dobra a media europea, baixa renda per cápita, maior peso da economía somerxida, etc. Por todo, é máis correcto analizar o índice de esforzo fiscal que relaciona a recadación coa capacidade económica do contribuínte. E segundo este indicador, España atópase xa entre os 5 países da OCDE que maior esforzo fiscal esixen aos seus cidadáns.

E como xa vimos as subas de impostos previstas polo Goberno afectan maioritariamente ás clases medias e baixas, non aos ricos.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte PROPOSTA DE ACORDO

  1. O Concello de Lugo insta ao goberno de España a:
  • Anular o incremento de impostos incluído nos PXE para 2021.
  • Non poñer en marcha as subidas de impostos, os novos tributos e os peaxes nas autovías e autopistas españolas incluídos no Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
  • Descartar a eliminación dos beneficios fiscais que figuran no documento enviado á Unión Europea.
  1. Dar traslado deste acordo ao Presidente do Goberno, á Ministra de Facenda, ás presidentas do Congreso e do Senado, -así como aos Portavoces dos Grupos Políticos de estas cámaras-, y á Xunta de Goberno da FEMP.

Leave a Reply

15 − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies