CulturaProposición

O PP non entende que os grupos da corporación se neguen a crear unha comisión de traballo para deseñar a programación do novo auditorio

By 28 Marzo, 2019Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular critica que PSOE, BNG, Cidadáns, Lugonovo e Ace se opoñan á creación dunha comisión de traballo para deseñar a programación do novo auditorio de Lugo que nas vindeiras semanas terá rematados os traballos de equipamento.

Dentro de poucos meses o Concello de Lugo será o titular único e exclusivo do novo auditorio da cidade, sito na Avenida de Magoi. Unha infraestrutura moi demandada pola cidadanía lucense que abrirá as súas portas antes do inicio do verán, despois do esforzo inversor realizado pola Xunta de Galicia.

Os traballos de equipamento do auditorio marchan a moi bo ritmo e as previsións indican que en xuño se rematará con estes traballos, o que permitirá que se abran as súas portas a toda a sociedade lucense.

Por isto mesmo, o goberno local tería que ter comezado os pasos precisos para deseñar unha programación axeitada a esta nova dotación. Por iso, é precisa a creación dunha comisión de traballo co fin de valorar a programación pensada para este verán, ademais de deseñar unha inauguración acorde a esta nova infraestrutura.

Unha comisión na que tamén se ten que abordar os plans do Concello de Lugo para a xestión desta infraestrutura que, como dixemos anteriormente nesta exposición de motivos, será unicamente de titularidade municipal.

Por todo iso, o Grupo Municipal Popular que subscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

A creación dunha comisión de traballo na que se abordará a xestión que se realizará sobre o novo auditorio de Lugo e se avaliará a programación deseñada polo goberno local para a apertura desta nova dotación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies