EconomíaOutros

Aprobada por unanimidade a proposta do PP para a creación dun aparcadoiro no Paseo do Miño

By 27 Setembro, 2017Outubro 2nd, 2017Sin comentarios

O pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade a proposta do Grupo Municipal do Partido Popular para iniciar os trámites necesarios para a construcción dun aparcadoiro no barrio da Ponte.

A falta de prazas de estacionamento nas inmediacións do Paseo do Miño é unha eiva que se ve acentuada no verán, xa que son moitos os lucenses que se achegan nos seus vehículos ata esa zona para pasear, facer deporte ou levar aos nenos á zona de xogos por ser a única que está cuberta na nosa cidade, provocando con elo que os días nos que fai bo tempo, as inmediacións do Paseo atópanse colapsadas coa conseguinte molestia que iso supón tanto para os usuarios do parque e os veciños do barrio.

A creación desde aparcadoiro incentivaría a chegada de veciños ao barrio de A Ponte que incidiría positivamente nos negocios e serviría para regular o tráfico nos días en que o Club Deportivo Lugo xogue no estadio Anxo Carro, deste xeito moitos afeccionados poderían optar por esta zona para estacionar os seus vehículos e achegarse ata o campo camiñando polo Paseo do Miño e así se sacarían numerosos vehículos do entorno da N-VI.

Igualmente unha boa medida que ademais e unha vella demanda dos veciños sería a instalación dunha marquesiña de autobús na única parada que hai na zona, xa que os usuarios non teñen a posibilidade de resgardarse os día de chuvia e frío, mellorando deste xeito os accesos ao barrio e ao Paseo do Miño

Por todo elo o Grupo Municipal Popular considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal ACORDE Instar ao Goberno Local a que:

Leve a cabo os trámites necesarios para estudar a mellor localización e posterior construción dun aparcadoiro no entorno da Ponte Vella no Paseo do Miño.

Responder

17 − four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies