OutrosTransparencia

O PP preséntase como única alternativa ao desgoberno e a parálise socialista

By 1 Setembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular presentou as liñas nas que pivotará a estratexia de traballo do Grupo Popular durante o vindeiro cuatrimestre do ano na que se primará a escoita activa da opinón dos lucenses por unha triple vía: o contacto directo cos veciños, cos traballadores do Concello e as reunións sectoriais con entidades sociais e empresariais da cidade

O voceiro popular Antonio Ameijide afirmou que, a estas alturas do mandato, é necesario un cambio de rumbo na xestión municipal “hai que dar unha maior cancha e escoitar de forma activa á sociedade e, nese sentido, puxo de manifesto que o Grupo Popular intensificará o traballo a pé de rúa coa recollida de propostas a través de tres vías diferentes: a da voz da rúa; a opinión dos diferentes sectores sociais, veciñais e empresariais da cidade e o contacto directo cos traballadores municipais”.

Antonio Ameijide destacou que tamén teñen previsto intensificar o programa de encontros veciñais que xa se iniciou o pasado mes de xullo avanzando que “realizaremos un total de  119 visitas de barrio, percorreremos as máis de 650 rúas da cidade e as 54 parroquias do municipio.

 “O que queren os veciños é que os políticos non sexamos o problema senón a solución por iso dende o Grupo Popular reforzaremos a presenza na rúa para facernos eco de propostas veciñais. Queremos que as comisións, plenos e xuntanzas de ámbito municipal sexan  foro de debate das necesidades dos lucenses” reflexionou.

Ameijide destacou que “urxe cambiar a percepción de parálise na xestión que teñen os lucenses con respecto ao funcionamento do Concello”. O voceiro popular explicou que o seu equipo profundizará nun chequeo dos servizos municipais “ante un goberno incapaz de xestionar o Concello e de escoitar aos seus traballadores, nós temos previsto visitar os preto de 80 departamentos para falar cos 601 traballadores que ten o Concello e  coñecer, de primeira man, as necesidades e dificultades que hai nos distintos departamentos”.

Xa no tocante ás reunións sectoriais porémonos en contacto e a disposición das máis de 600 asociacións dos distintos ámbitos sociais, veciñais e económicos que hai na cidade. Este programa porase en marcha a mediados de setembro e busca afondar en propostas para mellorar a imaxe do municipio de Lugo así como posibles programas para  potenciación do emprego en Lugo, fomentar os investimentos privados e públicos na cidade; mellorar as condicións de vida dos lucenses e potenciar Lugo como destino turístico de primeiro nivel.

Reunión alcaldesa

Por último, o voceiro do PP informou que solicitará  unha petición formal para reunirse coa alcaldesa “nós temos claras cales son as nosas obrigas e unha tarefa prioritaria é evitar que continúe o bloqueo do Concello e para iso imos poñerlle deberes á alcaldesa” explicou o popular. “Queremos unha xestión planificada para que se liciten canto antes os contratos caducados e a aprobación do 100% do PXOM; tamén pensamos que é necesario un cambio de mentalidade para poñer en valor o patrimonio cultural, histórico e natural co obxecto de que Lugo gañe puntos dentro do sector turístico que pode chegar a ser unha das principais fontes de riqueza para Lugo; queremos unha cidade para movernos con comodidade cun transporte público de primeira e na que a mobilidade sexa un factor a potenciar e tamén avogamos por ter un rural de primeira”.

Durante a rolda de prensa o voceiro popular fixo un repaso do balanzo da actividade realizada durante os meses de verán “realizamos máis dunha trintena de visitas de barrio onde recollemos demandas relativas ao aseo urbano así como problemas de movilidade”; tamén apelando á responsabilidade como grupo maioritario da oposición demos luz verde ao Plan Investimentos para o que queda de ano; ao longo deste verán bloqueamos a Ordenanza de ocupación de vía pública socialista e conseguimos rebaixas de ata o 66% ; presentamos iniciativas encamiñadas a acabar co feísmo urbanístico …”

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies