Tráfico

O PP pregunta polos sinais da turborrotonda do CEAO que levan un ano precintados

By 9 Setembro, 2017Setembro 11th, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro popular Enrique Rozas afirma que “todo apunta a que os socialistas se precipitaron e seleccionaron un punto complicado para probar este sistema” lembrando que o seu grupo xa advertiu que “se debería testar nunha rotonda menos perigosa”

O Grupo Popular afirma que os sinais precintados da turborrotonda do CEAO, que o goberno local implantou hai casi un ano na intersección de Duquesa de Lugo con Benigno Rivera, son outra nova evidencia da política de  improvisación que practica o PSOE de Lugo. O vicevoceiro popular Enrique Rozas subliñou que “o goberno local, que funciona a bandazos e por modas, chantou sen máis paneis informativos en tres das catro entradas desta glorieta así como dous sinasi dentro da propia rotonda” recriminándolle que adoptase esta decisión “antes de chequear se este punto era o lugar idóneo para implantar este sistema de circulación”.

O vicevoceiro do Grupo Popular Enrique Rozas lembra que o seu Grupo advertiu en novembro de 2016 que se trataba dunha “mala decisión” matizando que  “se ben as turborrotondas poderían servir para mellorar a fluidez do tráfico das glorietas tradicionais, non é de recibo que se elixa xusto un dos puntos máis conflictivos e con maior sinistralidade da cidade para probar se funciona esta experiencia piloto”.

Rozas puxo de manifesto que “está claro que estamos ante un goberno de Lugo que traballa sen planificación. Todo apunta a que viron nos medios como se inauguraban turborrotondas noutras cidades da contorna e que quixeron sumarse á moda sen máis, e sen estudar cal sería o punto idóneo e máis seguro para implantalas”, reflexionou o vicevoceiro popular.

Os populares piden ao goberno local que aclare, dunha vez por todas, se os sinais da turborrotonda do CEAO van valer para algo ou se polo contrario é preciso retiralas porque dan marcha atrás na idea de implantar este sistema de circulación en Benigno Rivera.

No caso de que os socialistas manteñan o seu empeño en ubicar nesta glorieta do Ceao a turborrotonda “sería preciso levar a cabo unha campaña informativa en condicións; a sinalización de todas as entradas de forma homoxénea e establecer un dispositivo de vixilancia policial os primeiros días ata que os conductores se fagan coas novas normas de circulación”. Rozas lembra “que, neste tipo de rotondas, os conductores teñen que anticiparse e decidir a dirección que van coller antes de acceder á glorieta para  situarse no lugar adecuado  xa que, os vehículos que entran non poden cambiar de carril”. “Outro aspecto no que hai que ser moi coidadosos é co mantemento da sinalización tanto vertical como horizontal” salientou o popular.

Rozas avanzou que presentarán preguntas en comisión para pedir explicacións de por que se escolleu esta rotonda para experimentar esta medida, cando teñen previsto probar a turborrotonda, si van a apostar por este sistema noutras glorietas e se hai informes que analicen as vantaxas desta medida para mellorar o tráfico en Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies