InfraestruturasProposición

O PP pide ao goberno local crear un bono para os clientes da Praza e o Mercado para os aparcadoiros públicos

By 10 Xuño, 2018Xuño 11th, 2018Sin comentarios

A vicevoceira do Grupo Municipal do PP Ana López Pombo explica que para dinamizar a Praza e o Mercado o goberno local, xunto coa concesionaria dos aparcadoiros e os comerciantes, pode estudar a creación dun bono para o aparcadoiro, de xeito que os clientes que merquen produtos nos postos da praza e do mercado teñan dereito a un tempo de estacionamento gratuíto

A vicevoceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ana López Pombo, pedirá ao goberno local que estude a posibilidade de establecer un bono para os aparcadoiros públicos, polo menos os do casco histórico, que teña por obxecto potencia e impulsar a Praza de Abastos e o mercado de Quiroga Ballesteros.

Ana López Pombo explica que tanto a Praza de Abastos e o mercado de Quiroga Ballesteros precisan de medidas para a súa dinamización e, así, incentivar a compra nestes puntos da cidade, fidelizar aos clientes habituais e atraer a novos consumidores. Por iso, a vicevoceira popular pide ao goberno local, xunto coa concesionaria dos aparcadoiros públicos e os praceiros e comerciantes, que estude a creación dun bono para o aparcadoiro, de xeito que os clientes que merquen produtos nos postos da praza e do mercado teñan dereito a un tempo de estacionamento gratuíto para poder realizar as súas compras con comodidade.

López Pombo explica que, unha vez realizada a compra, os clientes poden presentar os tickets da compra nos aparcadoiros ou ben recibir nos postos da praza ou do mercado un ticket para entregar no aparcadoiro, ou outra posibilidade que sexa viable, para así facilitar as compras.

A popular explica que medidas deste tipo, tendentes ao fomento do comercio tradicional, xa se empregan “con éxito” noutras cidades de España, e, ademais, en Lugo dase a circunstancia de que un dos aparcadoiros soterrados está comunicado directamente coa Praza de Abastos cun pasadizo soterrado.

Ademais, Ana López Pombo desvelou que os populares coñecen a existencia dun informe no que se constata a existencia dun déficit “importante” no persoal encargado do Mercado Municipal, Praza de Abastos, Mercadillo de Frigsa e Mercado de Antigüidades (están pendentes de cubrir nestes intres unha praza de vixiante e outra de encargado), polo que preguntarán aos socialistas como afectan estas vacantes ao funcionamento do Mercado e, sobre todo, por que non cubren estas prazas.

Responder

twenty − eight =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies