Economía

O PP lamenta a “pouca cortesía” da alcaldesa ao esquecerse da Xunta, que financia o 100% dos obradoiros de emprego municipais

By 30 Setembro, 2017Outubro 2nd, 2017Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, denunciou que Lara Méndez “non convidou” a ningún representante da Xunta á presentación dos obradoiros de emprego  

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, lamentou hoxe o que considerou como “pouca cortesía” da alcaldesa de Lugo ao “esquecerse” da Xunta de Galicia na presentación dos obradoiros de emprego municipais que fixo onte. Para o voceiro municipal popular a alcaldesa “falta á verdade” ao non explicar de onde saen os cartos para financiar os devanditos obradoiros.

“Estamos ante unha nova falta de humildade da rexedora” asegurou Ameijide, que engadíu que “a alcaldesa tería que ser sincera e explicar quen tivo a xenerosidade de financiar o custo dos obradoiros, xa que é algo bo para a cidade e os lucenses”. Por iso, o voceiro popular lle recordou a Lara Méndez que “ela non pode financiar o custo dos obradoiros xa que non foi capaz de aprobar os orzamentos para este ano”.

Ameijide lamenta que Lara Méndez “se empeña” todas as semanas en escribir un novo capítulo do seu enfrontamento particular coa Xunta de Galicia e agora, despois de obter unha subvención de case 400.000 para desenvolver os obradoiros, “nin sequera é capaz de convidar aos representantes da Xunta á presentación para ter ela soa unha foto no xornal”.

A subvención concedida pola Xunta emprégase para pagar aos beneficiarios dos obradoiros, o director, os monitores e ao persoal administrativo. O Concello tan só se encarga de poñer as instalacións e o material para desenvolver as prácticas dos cursos.

Ademais, Antonio Ameijide lamentou que “de novo” a alcaldesa emprega a web municipal “con fins partidistas”.

Responder

3 + eleven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies