EconomíaTransparencia

O PP lamenta que o Concello de Lugo teña en contas bancarias máis de 22.5M€ mentres Lara Méndez debía a finais de xuño 10.6M€ en 7.818 facturas sen pagar

By 10 Setembro, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide pide aos socialistas que tomen as medidas oportunas para corrixir “coa máxima urxencia” os retrasos no pago a proveedores xa que os cartos que o Concello ten nas contas bancarias son froito de non pagar aos provedores e da “incapacidade” dos socialistas para gobernar Lugo porque “nin pagan nin invirten na cidade” executando proxectos para a mellora de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que a “nefasta” xestión económica dos socialistas á fronte do Concello de Lugo segue a ocasionar numerosos problemas aos provedores e empresarios que prestan servizos a este Concello, xa que ao remate do segundo trimestre (30 de xuño) había 10.624.926,21€ pendentes de pago.

Antonio Ameijide desvela que, segundo o informe emitido pola tesoureira municipal, a 30 de xuño había 7.818 facturas sen pagar, por un importe que supera os 10.6M€ e todo a pesar de que nas contas bancarias municipais hai máis de 22.540.836,40€, o que pon de manifesto que “Lara Méndez non se preocupa polo benestar” dos empresarios e autónomos que prestan servizos ao Concello de Lugo.

Das 7.818 facturas que hai pendentes de pago, 5.473 xa incumpren o prazo legal establecido para pagar as facturas, situando o período medio de pago pendente en 152,83 días. Antonio Ameijide pon de manifesto que a tesoureira municipal explica no seu informe que algunhas destas facturas pendentes “tardan ata 365 días en obter conformidade”, unha cifra “que alonga os prazos de pagamento ata cotas inaceptables”.

A actuación en materia económica dos socialistas provoca “danos terribles” aos provedores . Antonio Ameijide reitera que “estamos ante un goberno de morosos” cunha xestión coa que demostran que “non teñen interese por pagar en tempo e forma” os traballos prestados por empresas e autónomos a este Concello, polo que condenan á cidade a “hibernar”.

O voceiro popular apoiase no informe da tesoureira municipal no que se asegura que “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro”.

A tesoureira municipal engade que estes problemas se producen, entre outras causas, pola “ausencia de ferramentas informática e telemáticas que permitan a axilidade da tramitación interna electrónica”, algo que, segundo Antonio Ameijide, vén derivado de que o goberno de Lara Méndez “nada fixo” por implantar a administración electrónica no Concello de Lugo, o que provoca, segundo o informe de tesourería, que impide “tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes así como as que entren por rexistro de entrada” o que desemboca no “abono de xuros de demora aos contratistas, o que xera un prexuízo económico” ás arcas do Concello de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies