Obras

O PP esixe aos socialistas traballo e solucións para poñer fin ás obras da Louzaneta que se proxectaron hai 5 anos

By 8 Agosto, 2018Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, denunciou a situación que viven os veciños da Louzaneta, onde levan agardando meses a que se conclúan as obras deste barrio. “Logo dun ano dende a adxudicación a metade da urbanización segue no aire xa que “dos 222.035 €, polos que se formalizou o contrato en xuño de 2017, unicamente se executou o 50% que equivale a 112.026 € cando tiña que estar rematada en seis meses”.

Ángel Trabada explica que nesa zona se están a realizar, dende o verán do ano pasado, uns traballos consistentes en corrixir unhas deficiencias nos rasantes e nos anchos das beirarrúas. As obras tiñan que rematar a comezos de decembro, pero “a realidade di que a día de hoxe a obra está a medias e sen ningún tipo de avance”. E todo por mor da “incompetencia” do goberno local, “incapaz” de atopar as solucións que precisan os veciños.

O concelleiro popular indicou que “a obra xa naceu con mal pé” e que os socialistas “inexplicablemente”  tardaron once meses en pagar a primeira certificación destes traballos a pesar de que o seu prazo de execución era de seis meses

Por iso, o concelleiro popular esixe aos socialistas que exploren todas as vías posibles para poñer solución aos problemas que impiden o remate destes traballos e que Lara Méndez lle explique aos veciños afectados por que se está a retrasar tanto o remate dunha obra que en seis meses tiña que estar realizada.

Ángel Trabada asegura que por mor da desidia do goberno local, os veciños agora teñen pistas de terra para entrar nas súas casas cando, hai ano e medio, podían entrar por rúas asfaltadas.

Problemas de seguridade

 Mentres non se atopa unha solución para acometer o remate dos traballos, Ángel Trabada pide ao goberno local “sensibilidade” para rematar e poñer en funcionamento canto antes o alumeado público xa que “daría seguridade” a unha zona na que os veciños sufriron varios roubos nas súas vivendas nos últimos meses. O popular lembrou que no orzamento de obra hai unha partida reservada para alumbrado que ascende a 48.169 euros.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies