CulturaEconomíaSeguridade

O PP di que o bo tempo e os lucenses se uniron para acadar un San Froilán “aceptable”

By 13 Outubro, 2017Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do PP Encarna Amigo lamentou a “pouca previsión” dos socialistas á hora de pechar a programación das patronais xa que “con maior previsión” se podería publicitar “como é debido” as celebracións na honra de San Froilán para atraer a xente doutras provincias

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Encarna Amigo, cualificou o San Froilán que vén de rematar como “aceptable”, unha valoración que únicamente se acadou grazas a unión do bo tempo co ánimo de celebración dos lucenses.

Encarna Amigo fixo un balance das patronais unha vez remataron as celebracións, unhas festas nas que un ano máis quedou demostrado a “falta de previsión” do gobeno local, xa que “cun pouco máis de previsión” se podería acadar un maior número de visitantes á cidade. A concelleira popular realizou esta reflexión despois de comprobar como, salvo no día de onte, no que sí que se abarrotou o feiral, “en ningún intre houbo unha afluencia de público como en anos anterires”. Incluso os propios feirantes coincidían nesta idea e lamentaban que non houbo tanta xente como en anos precedentes.

Neste senso, a popular lamenta “a improvisación” dos socialistas, xa que pecharon o programa a menos de tres semanas para o inicio das celebracións. “Cun pouco de previsión se podería pechar o programa moito antes e así publicitar os festexos como é debido para atraer a xente doutras localidades para que Lugo teña ese tirón doutros anos e que este ano no se producíu”, explicou Amigo.

Por iso, Encarna Amigo pide ao goberno local que se fixe no día de onte, o derradeiro das patronais, para confeccionar o programa. Con actuacións como a dos Secretos, que foi a única que consegíu encher a Praza Horta do Seminario, “pode acadarse un mellor San Froilán” cun mellor retorno económico para a cidade. Ademais, pide ao goberno local que non complete o programa con actividades deportivas alleas ao San Froilán. “Todos os anos meten no programa os encontros do Club Deportivo Lugo ou doutros equipos, encontros que se celebrarían igualmente xa que son competicións alleas ás celebracións. Se os socialistas queren encher o programa o que terían que facer é traballar na contratación de máis actuacións e non apropiarse doutras actividades totalmente alleas ás celebracións”, explicou Amigo.

Ademais, a concelleira popular quixo felicitar a labor da Policía Local durante os festexos, xa que coa súa actuación conseguiron evitar o caos circulatorio doutros anos e, grazas a presencia da Policía Local e Policía Nacional na rúa, os festexos destacaron pola ausencia de alteracións do orde público e as celebracións foron “tranquilas e seguras”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies