EconomíaInfraestruturasUrbanismo

O PP desvela que en Lugo se resolve 1 licenza cada 3 días polo que as solicitudes que o goberno recoñece ter nun caixón non se desbloquerán ata o 2020

By 10 Maio, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide detallou que  o goberno socialista de Lugo  resolveu neste 2018 un total de 56 licenzas de obra desvelando “retrasos de 19 meses de media na concesión de licenzas para construír, rehabilitar o reforzar un edificio” e asegurou que “este é un síntoma claro dun goberno bloqueado e paralizado”

O Partido Popular presentou hoxe, en rolda de prensa, os datos sobre a concesión de licenzas no concello de Lugo lamentando o oscurantismo da alcaldesa que “prefire ocultar o número de permisos que autoriza porque sabe que é unha proba numérica que delata a parálise do seu goberno”.

O voceiro popular Antonio Ameijide, o vicevoceiro Enrique Rozas e o concelleiro Manuel López pediron a Lara Méndez humildade en alusión as declaracións nas que os socialistas presumían de se o Concello onde se dan máis licenzas. Ameijide explicou que “dos datos analizados despréndese que en Lugo cada tres días se resolve unha licenza de obra” preguntándose “como pode estar tranquila a alcaldesa cando se constata que a este ritmo de traballo tan só coas licenzas que recoñeceronter metidas nun caixón, sen tocar, tardarán, como mínimo, dous anos en tramitarse?”. Ameijide indicou que os últimos que facilitaron, en septembro de 2017, afirmaban que había 196 expedientes sen informar. “Estamos falando de desbloquear estes expedientes nun horizonte que nos sitúa no ano 2020, iso sen contar con todas as novas solicitudes que se rexistren” en alusión ao repunte da economía que se prevé nos vindeiros anos.

O voceiro popular  aproveitou a comparecencia para instar á alcaldesa a que apremie “ao seu novo Director Xeral de Recursos Humanos a tomar boa nota deste problema e a buscarlle unha solución” Antonio Ameijide manifestou que “é unha mágoa que a alcaldesa prefira pagar máis de 5.000 € para manter carguitos políticos, coma o do Director Xeral de Recursos Humanos, e non se preocupe en dar nin un só paso para desbloquear o colapso na autorización de licenzas de obra maior”.

Os populares insistiron en cualificar de caótica xestión da concesión de licenzas de obra asegurando que “a media que tarda un lucense en conseguir un permiso para construir, rehabilitar ou facer obras de conservación ou reforma dunha vivenda é duns 19 meses”. O voceiro popular Antonio Ameijide fixo este cálculo tras contabilizar as 56 licenzas que se concederon entre os meses de xaneiro a abril deste ano 2018 destacando que, neste periodo, se autorizaron 39 licenzas urbanísticas no ámbito urbano e outras 17 no rural.

O popular afirmou que os retrasos e a parálise desta tramitación están a  retraer aos emprendedores xa que “se non se axilizan as licencias, non hai contratos, nin obreiros, nin proveedores traballando…”. Están botando a perder investimentos co efecto que isto ten no emprego” concluiron os populares.

 

Os datos

Das 39 licencias urbanísticas do ámbito urbano aprobadas nas xuntas de goberno destes últimos 4 meses atopamos exemplos sangrantes de parálise:

  • Solicitude para rehabilitación dun edificio en San Roque tarda 746 días.
  • Solicitude construción dun edificio novo na rúa Chantada retraso de 629 días
  • Solicitude para conservación de vivenda (substitución cuberta) en rúa Cotón de arriba (Arieiras) se demora 625 días.
  • Construcción de dos naves industriais en Campiña (exposición turismo y taller de reparación vehículos industriales) tardan 626 días en contestar e denegan a licenza.
  • Solicitude reforma vivenda unifamiliar (rúa Illa Formenteira en Montirón). Retraso 613 días
  • Solicitud para instalación ascensor en Ramón Poeta Cabanillas. Tarda 481 días.
  • Solicitude para a construción dunha rampa de acceso a un edificio para mejorar accesibilidad situado na rúa dos Gardas. 311 días
  • Solicitud para a segregación para construción ascensor Sagrado Corazón. A parcelación estivo bloqueaba 599 días.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies