Economía

O PP desvela que o Concello de Lugo deixou de cobrar 1.150 recibos de impostos e taxas municipais por un importe de 160.000€

By 1 Agosto, 2018Sin comentarios

O Grupo Popular desgranou o tipo de débedas que acumulan os lucenses que non pagan ao Concello e que corresponden aos anos 2016 e 2017. “Estamos falando  de 1.150 recibos incobrables de todo tipo” explicou a concelleira popular Ana López Pombo quen destacou “os 910 recibos por un importe de case 80.000 € que corresponden á rodaxe. En segundo lugar, a unha distancia moi considerable, atopamos os 89 recibos de multas de tráfico (15.600 €) e os 13.576 € que quedaron sen cobrar en concepto de Imposto de Actividade Empresarial, ou os 12.232 € dos 88 recibos por taxa de subministro de auga.  Completa a listaxe de impagos as plusvalías, IBI e vados”.

López Pombo explicou que, antes de que tesourería asine o decreto no que se recoñece que estes importes non se van cobrar, os contribuintes xa recibiron os avisos pertinentes primeiro, polo procemento ordinario, e logo por vía executiva co recargo correspondente.

Dende o Grupo Municipal do Partido Popular denuncian que a xestión da recadación por parte do goberno socialista é un despropósito e que a concelleira de economía “debería tomar decisións e adoptar medidas máis contundentes para evitar que se consolide o problema dos recibos imposibles de cobrar”.

Para López Pombo non é de recibo que a señora Prieto presuma de gran xestión en materia económica “está orgullosísima de rebaixar o período medio de pago despois de que Lugo leve tres anos sendo a cidade de Galicia que peor pagaba e estando no podium de España por este despropósito”. Debería explicar porque no que leva de mandato como responsable da área económica non tomou nin unha soa decisión para frear o incumprimento sistemático no que incurren empresas e particulares que non pagan os seus impostos en tempo e forma”.

A edil popular manifestou que en  materia de recadación o único que fixo o goberno socialista de Lugo foi “desmantelar inspección tributaria para externalizar o servizo” lembrando como na actualidade esta empresa engrosa a colección de prestacións externalizadas e que presta servizo con contrato caducado.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies