Persoal

O PP desvela que o 70% dos accidentes laborais do Concello se rexistran nas instalacións dos 133 centros de traballo municipais

By 20 Marzo, 2018Marzo 22nd, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide acusa á alcaldesa de incumprir a lei de prevención de riscos laborais asegurando que “o caos interno que se vive no Concello de Lugo, pola falta de planificación de Lara Méndez, expón aos máis de 700 traballadores a cadros de estrés e depresións derivados da preocupación laboral pola sobrecarga de servizos onde non hai responsables de áreas”

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide denunciou “o incumprimento sistemático” da alcaldesa de Lugo da Lei de prevención de riscos laborais afirmando que “a flagrante falta de planificación e organización dos recursos humanos, así como, a falta de persoal e a sobrecarga de traballo en departamentos que os socialistas desmantelaron están provocando altercados constantes, estrés, desmotivación e baixas continuadas no cadro de persoal municipal”.

O voceiro popular afirmou que a neglixencia da alcaldesa expón aos máis de 700 empregados municipais a vivir situacións insostibles por falta de responsables de servizos sinalando como puntos quentes a banda de música, a brigada de xardíns, a da zona rural, arquitectura, cultura e arquivo, entre outras.

Os populares insisten no despropósito da falta de planificación por parte da alcaldesa que, malia que foi advertida en marzo de 2017 cun dossier de máis de 600 páxinas, non valorou os riscos dos 17 tipos de postos técnicos do seu plantel que traballan a pé de rúa. Na Relación de Postos de Traballo pásase por alto esta cuestión que afecta aos enxeñeiros, topógrafos, arquitectos, administrativos … e que segundo o estudo de identificación de riscos poden verse implicados en ata 25 tipos de riscos distintos no desenvolvemento do seu traballo (caída de obxectos por manipulación, golpes, atrapamentos por volcos, exposición a temperaturas extremas, contactos eléctricos, accidentes de tráfico …)

“O incumprimento da normativa que denunciamos é un mal exemplo para o resto de empresas de Lugo” matizando que  “estamos falando dunha das maiores empresas que hai no municipio polo que non é de recibo esta desidia da alcaldesa que unha vez máis demostra coa súa actitude que no sabe o que ten entre mans, nin está a altura da institución que representa”. “Cre que é o seu cortijo está por riba das leis”, concluiu.

 

As cifras

Ameijide explicou que hai dúas cifras que avalan a súa preocupación polo quebrantamento, por parte da alcaldesa, da lei de prevención de riscos laborais. “En primeiro lugar estamos falando de que máis dos 70% accidentes laborais rexistrados no Concello en 2017 tiveron lugar dentro de dependencias municipais e que, por tanto, non foron in itinere ou en desprazamentos propios do posto. En segundo lugar, outro indicativo que reforza a tese de que a situación empeora, no tocante á prevención de riscos laborais, é o aumento dos datos de siniestrabilidade do persoal que traballa no Concello” destacando que “en 2016 rexistráronse 43 accidentes (15 con baixa), mentres que en 2017 foron 49 (20 con baixa)”. En cinco anos (período 2013-2017) rexistráronse 94 baixas por accidente laboral, cunha duración media de 47, sendo os meses de outubro e abril cando hai máis casos de siniestrabilidade no Concello de Lugo.

As áreas máis afectadas son a de policía seguida polos bombeiros, brigadas de obras, coidadores de cativos e conductores e o tipo de lesións máis frecuentes foron a de sobreesforzo físico (sistema muscoloesquelético); golpes o caídas, golpes contra obxectos resultados de tropezos ou trauma psíquicos)

Responder

three × 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies