Urbanismo

O PP denuncia falta de ambición e proxecto global de cidade dos socialistas

By 21 Setembro, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide lamenta que “as intervencións do Muramiñae, financiadas polo DUSI, non poñan en valor o Miño nin o comuniquen de forma conxunta co casco urbano” afirmando que delatan, unha vez máis “a política de parches que caracteriza ao PSOE”.

O Grupo Popular amosou a súa preocupación polo futuro dos proxectos que se van a realizar en Lugo, financiados con fondos europeos, no marco da Estratexia DUSI. O voceiro popular Antonio Ameijide teme que o traballo “a golpe de improvisación por carecer dun proxecto claro de cidade derive nun Plan nun Plan E caracterizados por problemas de sobrecustes e obras inacabadas”.

A primeira reprimenda dos populares ten que ver co “secretismo co que, de forma unilateral, os socialistas presentaron os proxectos do Muramiñae”. En segundo lugar, criticaron que tardasen un ano en nove meses en convocar a Comisión de Seguimento que o PP solicitou a través dunha proposición en pleno en xaneiro de 2016. “Coma sempre, tarde mal e arrastras informan, a conta gotas, dun proxecto que debería ser clave para o futuro da cidade”. “Os socialistas nunca tiveron un interese real en ter en conta as ideas do resto da corporación para presentar unha Estrategia DUSI consensuada” matizou o popular quen aclarou que “a xuntanza de hoxe foi, simplemente, para dar conta das decisións que xa tiñan adoptadas”.

“Unha alcaldesa que representa ao 30% da poboación debería ter humildade e contar coas aportacións dos restantes grupos da corporación” matizou Ameijide quen lembrou como o seu grupo presentou, en diferentes ocasións, propostas para incorporar a este proxecto enmarcadas en tres grandes grupos:

  1. Conexión Muralla co Miño
  2. Valorización Muralla e recinto histórico
  3. Potenciación do Miño e das zonas verdes o seu entorno

O voceiro dos populares tamén quixo facer fincapé nos indicadores de productividade e obxectivos que se marcou o equipo de goberno, tal e como se reflicte no documento que se presentou para optar aos fondos europeos. Antonio Ameijide alerta das raquíticas previsións de varios apartados destacando que “tan só se prevé incrementar, en oito anos un 7% de turistas (dos 275.412 visitantes de 2015 aos 294.690 do 2013)”. Outro dato chamativo é o dos usuarios do transporte público xa que segundo se recolle neste documento “pretenden pasar de 2.100.058 viaxeiros de 2015 aos 2.142.059 en 2023”. Para o popular, tendo en conta que este programa europeo tamén aborda aspectos relativos á mobilidade, resulta revelador “da súa falta de ambición en fomentar o uso dos autobuses” que sólo aspire a incrementar en 8 años 42.000 viajes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies