Transparencia

O PP dá un ultimato a Méndez para que cumpra o acordo plenario que eliminou un posto político, para evitar un suposto caso de prevaricación continuada

By 22 Febreiro, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide presentou esta mañá no rexistro un escrito “para que a alcaldesa adopte as medidas oportunas e, de forma inmediata, se dé cumprimento á proposición que o PP promoveu e conseguiu aprobar, no pleno do 25 de xaneiro, para suprimir o cargo da Dirección Xeral de Recursos Humanos”

O voceiro dos populares Antonio Ameijide brindoulle, esta mañá, unha última oportunidade á alcaldesa de Lugo para que “rectifique no seu empeño de seguir pagando a nómina do Director de Recursos Humanos en contra do pleno”. O popular dáballe este ultimato á rexedora, xusto antes de que se iniciase a sesión do pleno, co rexistro dun escrito no que solicita que se adopten as medidas oportunas para que, de forma inmediata, se dé cumprimento ao acordo da corporación, acadado o 25 de xaneiro de 2018, no que se anulaba e suprimía este posto.

Ameijide matizou que de non cambiar de actitude, a alcaldesa podería incurrir “nun suposto caso de prevaricación continuada”. O Partido Popular explicou que este asunto está en mans da súa asesoría xurídica e que non se descarta iniciar accións legais para aclarar responsabilidades”.

Os populares acusaron, esta semana, a Méndez de supostos delitos de prevaricación e malversación por pagar a nómina da Dirección de Recursos Humanos en contra do pleno. Este cargo político creado en xuño de 2016 xa nos leva custado a todos os lucenses máis de 110.000 €. “Casualmente a persoa que ocupa este posto é a mesma pola que Lara Méndez está imputada” reflexionaba o popular.

Ameijide tamén insistiu en que “se a alcaldesa quere blindar este cargo político pague do seu peto os máis de 5.000 € mensuais que nos custa a todos os lucenses”.

Responder

3 + seven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies