InfraestruturasMedio Ambiente

O PP alerta de que Augas de Galicia cualifica a depuración de augas de Lugo como moi deficiente

By 8 Maio, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide afirmou os informes negativos sobre a EDAR non son algo novo para o Concello de Lugo xa que Augas de Galicia realizou unha nova valoración moi negativa da EDAR de Lugo, sen que os socialistas fagan algo por solucionar os graves problemas dos que os están a advertir e sen regularizar a situación da mesma, que leva sete anos co contrato caducado, o que demostra que “o descontrol é de tal magnitude que nin controlan o funcionamento nin readxudican o contrato”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou que a calidade da EDAR de Lugo é “moi deficiente”. Ameijide fixo esta afirmación despois de coñecer un informe de Augas de Galicia no que se outorga esta puntuación á estación depuradora de Lugo, xa que Augas de Galicia é un organismo competente para realizar un asesoramento técnico e de supervisión da xestión das EDAR coa finalidade de que se obteñan os máximos rendementos de depuración posibles.

O voceiro popular explicou que dende Augas de Galicia atoparon diversos incumprimentos da normativa vixente, como niveis de fósforo ou nitróxeno superiores ao permitido, o que desembocou en que este órgano tutelante outorgara “a valoración global da calidade de explotación como a valoración global da EDAR como moi deficientes”. Por iso, o popular realizará varias preguntas ao goberno socialista para saber que medidas se van a tomar para reconducir a situación, por que chegan estes informes negativos ao Concello de Lugo e que ocorre na EDAR para que as valoracións sexan negativas.

Neste senso, para Antonio Ameijide “é alarmante” o incumprimento “das esixencias da Autorización de vertido” para os parámetros analizados en 3 das 10 mostras tomadas. “Non estamos ante un erro puntual, son erros que se repiten ao longo do tempo e o equipo de goberno non toma cartas no asunto para poñer coto a estes incumprimentos”, afirmou o popular.

O certo é que os informes negativos sobre a EDAR non son algo novo no Concello de Lugo, “tal e como se confirma no informe”. Ameijide explicou que nel se advirten “incumprimentos reiterados” como “a ausencia de solución aos problemas xa coñecidos dende hai tempo, como o escaso caudal das bombas de recirculación interna ou as dificultades para o control da aireación”. Tal é a despreocupación dos socialistas no referente á EDAR que “levan sete anos co contrato caducado e sen facer nada por regularizar a situación”.

Ademais, no informe se apuntan outros incumprimentos como as reixas de grosos de limpeza automática avariadas ou que as bombas de recirculación interna contan cunha capacidade menor que a establecida, o que limita a desnitrificación.

 

Recomendacións

Antonio Ameijide explicou que Augas de Galicia entregou varias recomendacións para mellorar o funcionamento da EDAR, instrucións que “pediremos” ao goberno local que tome para paliar as deficiencias detectadas. Entre as recomendacións achegadas por Augas de Galicia sobresaen:

  • Incrementar a concentración de sólidos en suspensión no licor mestura e, paralelamente, incrementar o caudal a tratamento biolóxico. Dado que en ocasións a carga másica de traballo pode reducirse a valores excesivamente baixos, recoméndase prestar especial atención ao posible desenvolvemento de bacterias filamentosas.
  • Realizar as modificacións precisas no bombeo de reciruclación interna para poder instalar bombas con capacidade suficiente
  • Valorar a posibilidade de realizar modificacións na aireación que permitan unha mellor regulación do aire no reactor biolóxico

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies