Zona rural

O PP afirma que pola “parálise do PSOE ” o camión do lixo leva 2 anos sen acceder a unha zona do núcleo de Gondar

By 22 Marzo, 2018Sin comentarios

O concelleiro popular Manuel López critica “a despreocupación” de Méndez e “o ninguneo” a que somete a parte dos veciños desta parroquia que “levan 24 meses esperando a que os socialistas obriguen a un particular a liberar de obstáculos o camiño  para permitir o paso do camión de lixo ao entorno da igrexa”

O Grupo Popular pide unha maior empatía do goberno socialistas cos problemas do día a día dos veciños do rural. O concelleiro popular Manuel López criticou “a tibieza coa que o goberno do PSOE aborda as cuestións relativas á mellora de servizos nas parroquias de Lugo, logo de plantexar na Comisión de Medio rural, o arranxo de dúas pistas e solucionar un problema de recollida de lixo en Gondar”.

Manuel López explicou que “dende hai dous anos o camión de lixo non accede ao núcleo da parroquia porque un particular colocou unhas pedras que impiden o paso do vehículo”. “Dende ese momento os veciños vense obrigados a levar os desperdicios ata o colector que hai na pista principal”. Os populares lamentan “a lentitude coa que o goberno socialista tramita o expediente sancionador contra o veciño que puxo este obstáculo no camiño”.  Manuel López denuncia que “os socialistas están en punto morto xa que o expediente está na mesma situación que en novembro de 2017 cando na Comisión se contestaba exactamente o mesmo que hoxe”.

Os populares tamén reclamaron “o urxente arranxo dun tramo de 100 metros da pista Rubiás explicando que debido ao mal estado no que se atopa esta vía cando chove a escorrentía transporta a lama ata as vivendas do lugar e, os veciños temen que poda incluso contaminar a auga dos pozos”.

Ademais de reclamar a canalización da auga que baixa por esta pista os populares tamén puxeron sobre a mesa o caso da pista do Anguiero, na parroquia de Conturiz “estamos falando dunha vía que está asfaltada nunha única dirección”. O edil Manuel López explicou que é unha tomadura de pelo que os socialistas non corrixan esta situación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies