PersoalPoliciaSeguridade

O PP afirma que o Plan de Emerxencias non está preparado para afrontar os perigos que poden xurdir en Lugo

By 4 Abril, 2018Abril 9th, 2018Sin comentarios

O vicevoceiro popular solicita a actualización do Plan de Emerxencias de Lugo que “está obsoleto, é incompleto e non se corresponde coa realidade” xa que leva 11 anos sen revisarse

O vicevoceiro do PP Enrique Rozas reclama a Lara Méndez que “antes de que finalice este mandato “actualice o Plan de Emerxencias Municipal que leva 11 anos sen revisar (23 de maio de 2007) e non está preparado para afrontar os riscos que poden xurdir en Lugo”.

Rozas explicou que “é responsabilidade das corporacións locais, a actualización deste documento” matizando que se trata dun manual básico “para atender, con garantías, as emerxencias que sucenden no termo municipal e que sexan susceptibles de ser controladas, exclusivamente, polos servizos operativos locais”. (policía, bombeiros, protección civil, brigada augas, servizos eléctricos …)

Para os populares é necesario acometer este traballo de forma inmediata xa que o actual documento “está obsoleto e é moi incompleto”. En primeiro lugar, porque  utiliza a cartografía de hai 20 anos có que o Lugo que debuxa é un Lugo diferente ao que hai: non aparece na documentación a nova ponte sobre o Miño,  as edificacións de Augas Férreas, a sede da policía local, nin tampouco o centro comercial de Duquesa de Lugo ou Abella. Ademais incorpora ao Plan de Emerxencias infraestructuras que están abandonadas dende hai anos como son os depósitos da Piringalla ou a vella potabilizadora ou figuran outras como son o Hospital de San Xosé e a Vella Residencia.

En segundo lugar  o PEMU non se corresponde coa realidade porque está feito para afrontar situacións que afectan á poboación que tiña a cidade no ano 2006  (92.000 habitantes) cando, na actualidade, Lugo supera os 98.000 habitantes, 6.000 persoas menos.

En terceiro lugar, o vicevoceiro popular avanzaba que é necesario actualizar deseños adaptados á realidade de rutas rápidas para acudir ás emerxencias.

Enrique Rozas explicou que “os socialistas son coñecedores desta necesidade” xa que a petición que presentamos “foi unha de tantas promesas electorais do PSOE en 2015 cando se comprometeron a  revisar e mellorar o Plan de Emerxencias de Protección Civil”. O vicervoceiro popular explicou que “neste documento se inclúe que se debería actualizar de forma ordinaria semestralmente tanto a cartografía de infraestructuras e medios, como o catálogo de recursos, e o listado da normativa de aplicación directa ou indirecta”.

O Plan de Emerxencias é un instrumento de planificación plasmado nun documento formal cunha estructura definida pola normativa con caracter preventivo e de autoprotección. O PEMU que hai en Lugo foi aprobado pola Xunta de goberno local el 23 de Maio de 2007, e o pleno deu luz verde a este documento o 25 de xuño deste mesmo ano. Este documento redactouse ao abeiro dunha lei do ano 1985 que está derogada e que foi substituída por unha normativa de 2015 polo que é necesario adaptar o PEMU a esta nova lexislación.

Para o vicevoceiro popular este é un asunto que merece unha especial atención e sensibilidade por parte do goberno local. Enrique Rozas avanzou que presentará unha iniciativa en pleno para que sexa a corporación quen dé o respaldo a actualización do PEMU.

Responder

4 × one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies