EconomíaTransparencia

O PP afirma que Méndez segue nunha espiral de pagos con reparos de legalidade ao asinar en dous días decretos por valor de 2.3M€

By 7 Xuño, 2018Xuño 8th, 2018Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide explicou que a alcaldesa segue sen sacar a licitación os pliegos dos contratos caducados, polo que as empresas sen contrato seguen a prestar servizos ao Concello de Lugo, polo que en só dous días asinou dous decretos por valor de 1.830.905,03€ e 526.006,53€, respectivamente

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, desvelou que Lara Méndez asinou en só dous días reparos de legalidade por valor de 2.356.911,56€.

Antonio Ameijide anunciou que pedirá explicacións a Lara Méndez para saber por que a alcaldesa asinou varias facturas da empresa que se encarga do mantemento da rede semafórica da cidade correspondentes a 10 habitacións de hotel e un billete de avión a Frankfurt dende Madrid, todo por un importe de 4.102,63€, sendo o custe dos hoteis 3.625,76€, tendo 7 destas habitacións, un custe de 453.68€ cada habitación. Por iso, Ameijide anunciou que a rexedora terá que dar “as explicacións oportunas” para desvelar quen está “durmindo en habitacións de máis de 450€ a costa das arcas municipais”.

O voceiro popular afirmou que este xeito de actuar demostra que Lara Méndez non ten vontade nin intención de poñer freo a este tipo de actuación e que “está cómoda” nesta situación de “irregularidade”.O voceiro popular lamentou que os socialistas sigan facendo oídos xordos ás recomendacións do interventor, do secretario municipal e do xefe de contratación, que pediron en “reiteradas ocasións” que se saquen a licitación os pliegos de contratación para os servizos que 22 empresas prestan a este Concello co contrato caducado ou, directamente, sen contrato.

O popular recorda que dos 22 servizos sen contrato, 10 caducaron baixo o mandato de Lara Méndez, 6 foron herdados do anterior alcalde e outros 6 se prestan, directamente, sen contrato.

Antonio Ameijide recorda que no que vai de ano xa se pagaron 7.564.738,91€, unha cifra que demostra que “estamos ante unha situación enquistada e irregular” e que, de seguir a este ritmo, Lara Méndez superará o récord que fixou no 2017 ao pagar máis de 20M€ con reparos de legalidade. Ademais, a esta cantidade hai que engadir os 2.320.534,08€ que os socialistas xa levaron a debate no pleno no que vai de ano, o que demostra que Lara Méndez e o seu equipo “non teñen vontade algunha” por regularizar unha situación que “eles mesmos agravaron” nos últimos anos. No que vai de ano 9.885.272€

Responder

thirteen − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies