InfraestruturasMedio Ambiente

O PP afirma que Méndez condena a Lugo a seguir outro verán sen praia fluvial pola súa incapacidade ao presentar un proxecto incompleto

By 1 Abril, 2018Abril 2nd, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide desvela que “hai un informe da Xunta que advirte ao Concello de Lugo que, na documenación entregada, faltan cuestións tan elementais como un estudo de profundidade do río que xustifique o correcto emprazamento das piscinas o que frena a tramitación da zona de baño pública”

O voceiro do Grupo Popular afirma que é bochornoso que “Lara Méndez chegue ao seu terceiro verán como alcaldesa sen praia fluvial condenando aos lucenses a pasar outro ano máis sen prometida e reclamada dotación”.

Antonio Ameijide acusou á socialista de frenar a tramitación desta zona de baño público lamentando “a súa despreocupación á hora de corrixir as eivas que tiña o proxecto das piscinas temporais que o Concello  solicitou en abril do ano pasado”.

“Tal e como nos temíamos, seguimos en punto morto e non será porque non llelo dixemos”, indicaba Ameijide logo de desvelar que a Xunta advirte que a documentación que se lle remitiu carece de cuestións básicas para poder dar o visto bo ao proxecto. Ameijide asegurou que tiveron tempo dabondo para corrixir esta situación lembrando “que o pasado mes de agosto, dende o PP, avisamos á alcaldesa de Lugo de que o que entregaron era moi básico e presentaba moitas eivas”.

O voceiro do PP lembrou que a documentación que fixo o goberno socialista “era tan pobre que nin figuraba o estudo batimétrico, que  analiza se hai profundidade suficiente para instalar as plataformas flotantes para ubicar esta zona de baño; tampouco se aclaraba se a zona de baño público tería unha serie de servizos básicos como: aseos de uso público, fontes, duchas, solarium, zona para socorristas, uso de embarcacións de apoio, non delimitaba os accesos a esta dotación.

No informe da Xunta a maiores se pide que aclaren a xestión de residuos da zona e que se especifiquen medidas para protexer as augas do río, a súa calidade e o ecosistema fluvial en xeral.  Tamén piden que se concreten os puntos de obra concretos, o acceso de maquinaria e delimitar a zona de traballo proposta así como o alcance dos traballos. Tamén se fala da necesidade de facer unha avaliación das posibles afeccións a hábitats ou especies da contorna.

Para Ameijide a historia da praia fluvial é a crónica da parálise burocrática que caracteriza o mandato de Lara Méndez explicando que “o primeiro retraso foi solicitar a autorización de zona de baño só para o 2017; o segundo retraso de dous meses foi  por tardar un mes en pagar 22€ da publicación do anuncio de competencia de peticións no BOP e, agora, o terceiro retraso vén motivado porque presentaron un proxecto incompleto”. “A alcaldesa dende o principio plantexou mal a tramitación desoíndo a petición que fixemos dende o PP para que completase e incorporase novos datos e documentos”.

Responder

17 − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies