Persoal

O PP advirte que o empeño da alcaldesa en manter o cargo político do Director de Recursos Humanos podería acabar no xulgado

By 26 Xaneiro, 2018Sin comentarios

O voceiro popular Antonio Ameijide lembra que o acordo, acadado onte no pleno, para suprimir esta praza “é executivo e, por tanto, de obrigado cumprimento” e lémbralle aos socialistas que “é un erro que intenten vincular uns orzamentos sen aprobar co mantemento dun cargo directivo xa que faltan semanas, no mellor dos casos, para que haxa presupostos nesta cidade”

O Partido Popular pide á alcaldesa de Lugo que “recapacite” e que “desista do seu empeño de blindar a Dirección de Recursos Humanos malia o acordo de pleno acadado onte por iniciativa do Grupo Popular no que se pedía suprimir este cargo político.

O voceiro popular Antonio Ameijide advirte a Lara Méndez dos riscos que pode acarrear “tropezar dúas veces na mesma pedra, caeu na trampa, coa mesma persoa nun caso similar polo que está imputada e polo que terá que declarar o vindeiro mes de marzo”. “Se fas dúas veces o mesmo experimento, seguindo os mesmos pasos, o previsible é que se repitan o mesmo resultado” reflexionaba o popular. O popular non pasou por alto o respaldo que Lugonovo lle brinda á alcaldesa “están desnortados, dan bandazos e actúan de unha forma incoherente”.

Dende o Grupo Popular insisten en que o acordo de pleno para suprimir esta praza é executivo e que é un erro que os socialistas intenten vincular aos orzamentos a este cargo directivo xa que, faltan semanas, no mellor dos casos para que haxa orzamentos neste concello, polo que este acordo plenario é totalmente vinculante.

O pleno creou este posto e é o pleno o que ten a capacidade de suprimilo, por tanto, se alcaldesa non recapacita e recoñece esta situación pode que nun futuro se encontre cun problema.

 

Alternativa para a gobernabilidade de Lugo

O popular lamentou que os partidos da esquerda de Lugo non fixeran todo o posible pola gobernabilidade do Concello de Lugo e lembrou que o PP fixo todo o posible para facer un cambio no Concello “dende o minuto un non puxemos liñas vermellas, nin censuras. Outros prefiren apoiar a unha alcaldesa reprobada e imputada es incapaz de gobernar e que carece de autocrítica.

O popular arremeteu contra “a complicidade” dos partidos da esquerda manifestando que “en Lugo asistimos ao teatriño da esquerda que rie o fracaso tras fracaso que monta a alcaldesa”  matizando que “cada tropezo de Lara Méndez é unha perda de oportunidades para os lucenses”.

Responder

1 × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies