Sen categoría

Os populares rexistraron no que vai de mandado preto de 600 iniciativas

By 17 Xuño, 2024Sin comentarios
  • Entre os temas que abordamos figuran os relativos a desmontar a xestión medioambiental hipócrita do goberno local (protectora de animais); iniciativas que redundan no benestar como propostas para mellorar a mobilidade no centro; a deriva económica e financeira e o traballo coordinado para impulsar proxectos importantes como a praia fluvial ou o centro de saúde do Sagrado Corazón

 

  • “A diferenza do que ocorre co PSOE e o BNG, que tiveron que presentar cinco dimisións para que a actual alcaldesa puidese ocupar a súa cadeira de mando, o noso compromiso coa veciñanza segue firme coma o primeiro día pero cun ano máis de experiencia á disposición dos lucenses”

 

LUNS 17 DE XUÑO DE 2024

 

  • Nas case 600 iniciativas que presentamos puxemos no centro do debate a MALA XESTIÓN DAS OBRAS DO CENTRO con iniciativas en positivo que redundarían no benestar das persoas que sofren esas obras indicando que “intentamos levar o liderazgo para correxir a súa nefasta planificación con propostas que descartaron”.

 

  • Petición de TRABALLO COORDINADO para proxectos importantes da cidade como a PRAIA FLUVIAL

 

  • Liderar con feitos unha xestión sostible para apostar por unha PROTECTORA DE ANIMAIS que realmente garanta a Lei de Protección Animal

 

  • Informamos de maneira rigurosa da DERIVA ECONÓMICA E FINANCIERA que ten o Concello que dilapidou 51 millóns de euros de remanentes e do endebedamento co crédito que veñen de contraer de 13.5M€

 

Candia explica que “os 12 concelleiros do Grupo Municipal, ao longo destes 12 meses, intentamos amosar a diario o compromiso coa veciñanza”.

 

  1. Intensificamos o noso labor propositivo no Concello: (adxúntase resumo)
  • Presentamos un total de 597 iniciativas:

 

A pleno 160   proposicións, rogos e preguntas.

 

As restantes propostas se rexistran para resposta en comisión así como outros documentos propositivos como as  emendas aos orzamentos ou propostas ás ordenanzas, entre outras cuestións.

 

  1. Estivemos CONTIGO:
  • Visitamos ás 54 parroquias e a todos os barrios da cidade
  • Achegámonos a todos os Centros sociais, Centros Educativos, Colexios Profesionais … etc
  • Atención presencial e personalizada e visitas in situ para denuncias veciñais que canalizamos nos HOXE ESTAMOS AQUÍ

 

  1. Análise de cuestións urbanísticas na Mesa técnica de traballo de urbanismo que se convoca cada quince días con expertos na materia e participación no Observatorio da Zona de Baixas Emisións.

 

  1. Traballo coordinado con outras administracións facendo seguimento a través dos representantes que temos no Congreso e no Parlamento de cuestións relacionadas con Lugo.

 

  1. Activación do partido e unha maior relacion cos afiliados con ferramentas novas de comunicación como o boletín Contigo Lugo; así como novas iniciativas como a montaxe da exposición sobre a historia do barrio da Residencia ou mesas con participación veciñal.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies