O PP vota a favor de tirar o Garañón para cumprir as sentenzas que declaran ilegal a licenza dada polo PSOE

By 24 Xuño, 2021Infraestruturas, Urbanismo

Para o Partido Popular a proba de que o convenio que asinou en 2007 o PSOE foi ilegal e de que a licencia dada polo PSOE non cumplía a lei, é que “hoxe votamos a demolición das torres de nove plantas que os concelleiros socialistas negociaron e deron licencia ilegal cos seus votos para construir nas Costas do Parque”

Os populares interpretan a proposta do bigoberno de liberar un millón de euros para a demolición do Garañón  como o recoñecemento expreso de que o convenio e a licenza que asinaron “os padriños políticos da alcaldesa de Lugo no ano 2007 foi ilegal” lamentando “a desfachatez da que fan gala os socialistas esquivando asumir responsabilidades neste asunto cando hai ata tres sentenzas que declararon ilegal a licenza outorgada polo PSOE en base “ao seu urbanismo de amiguetes”.

“Hoxe quedou demostrado que os sucesivos gobernos socialistas levan anos mentindo aos veciños e veciñas de Lugo, e que a xestión da CS-5 foi un acordo ruinoso para os lucenses xa que existían outras alternativas menos lesivas para reubicar a edificabilidade que recoñecía o Plan Xeral do 91”. “Intentan culpar a outros cando foi o PSOE o que votou en solitario construir as torres de nove plantas nas Costas do Parque, esa tropelía urbanística negociaronna no despacho vostedes solitos, e non cumplía a lei nin o plan xeral vixente… por iso hoxe estamos aprobando tirar as torres ilegais erixidas polo PSOE”.

Durante a súa intervención no pleno Antonio Ameijide recalcou que “a proba de que era ilegal é que hoxe estamos aquí votando a súa demolición”. “Para nós este debate certifica que, dende o ano 2007, o PSOE lévanos mentindo a todos os veciños e veciñas de Lugo e se rubrica o urbanismo á carta dos socialistas”.

O vicevoceiro popular si comparte a teoría que hoxe defendeu Santos de avanzar pero “con matices  xa que a alcaldesa pretende avanzar a costa dos cartos dos lucenses” lembrando que “non se pode esquecer o pasado como prentenderon hoxe, porque neste caso unha decisión do PSOE do pasado pasa factura aos lucenses a quen hipoteca a pagar 30 M€. É dicir as ilegalidades do PSOE no pasado, as decisión e negociacións escuras do PSOE no presente, están hipotecando o futuro dos lucenses.

Un aspecto que agora preocupa ao Grupo Popular é o das negociacións co promotor xa que temen “acordos pola porta de atrás que poderían ser perxudiciais para os intereses dos veciños” e nese senso reclaman “máxima transparencia”.

Por último o PP tamén acusou ao BNG de practicar o fariseismo político xa que pasou de ser un látigo co tema do Garañón “a estar hoxe caladiño diante das ilegalidades do PSOE con quen comparte dedicacións, suba de soldos e sillóns no bigoberno.

Leave a Reply

8 − four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies