InfraestruturasZona rural

O PP ve un ninguneo que o goberno lle negue a presión da traída a Barbaín

By 7 Abril, 2016Sin comentarios

Manuel López afirma que “os veciños levan tres anos sufrindo as consecuencias dunha obra que quedou inacabada e na que se investiron 30.000 €” criticando que, a estas alturas, nin tan sequera contestase á petición veciñal de poñer a pleno rendemento esta infraestrutura.

O Grupo Municipal do Partido Popular culpa ao goberno local “”de deixadez, ineficacia e trato discriminatorio á hora de solucionar problemas que se veñen arrastrando de moi vello”. O concelleiro do PP Manuel López lamenta que os gobernos socialistas “en tres años non foron capaces de resolver a situación que viven as 44 familias de Barbaín onde, a cotío teñen problemas de presión de auga”.

Manuel López afirma que “se está ninguneando a estes veciños ao negarlles un servizo de calidade”. O popular explicou que “é anacrónico que en pleno século XXI, nun lugar situado a 3 quilómetros do centro de Lugo teñan dificultades para limpar as explotacións, para usar electrodomésticos ou para que funcionen as calefaccións …”.

Os populares desconfían da palabra dos socialistas “xa presentamos catro rogos á Comisión de Medio Rural, o último no mes de xaneiro e, daquela, o goberno local prometeu que arranxaría esta problemática ese mesmo mes pero, seguimos esperando”.

López lamenta que o novo equipo de goberno manteña os costumes do vello “de faltar á verdade” animándoos a cambiar de estratexia. O edil popular explicou que “a solución é doada e moi económica xa que, coa posta en marcha do novo anillo hídrico, para aumentar a presión no núcleo de Barbaín só fai falla enganchar a traída, sen necesidade de comprar ningunha bomba”.

O concelleiro popular apuntou que “é máis unha cuestión de vontade política que de cartos recriminando aos socialistas que nin tan sequera se dignaran a responder á petición asinada, en novembro de 2014 por todos os veciños afectados”. A obra da traída de Barbaín fíxose no verán de 2013 e financiouse con 12.000 € da Deputación Provincial e 17.600 € de aportacións veciñais e, dende o primeiro momento, os problemas de presión foron continuos porque non se puxo unha bomba para garantir que funcionase o servizo coa presión axeitada” puntualizou Manuel López.

O edil popular lamenta que o goberno local siga discriminando a este núcleo situado nas aforas de Lugo polo que esixe “que cumpran coa palabra dada o pasado mes de xaneiro para que a maior brevidade posible arranxen este problema”. Parece que a cantinela de “estou nelo de Orozco cambiou, agora, polo faremolo en breve” ironizou Manuel López.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies