O PP ve un despropósito que tras 28 meses de trámites sigamos sen data para adxudicar a concesión dos autobuses

By 21 Agosto, 2015Xaneiro 14th, 2016Transporte urbano

O concelleiro do GMPP Antonio Ameijide pide á alcaldesa a folla de ruta do goberno para reestructurar o transporte público “queremos saber en que situación está a contratación do novo servizo e que se nos aclare porque está paralizado o expediente”

O Grupo Municipal do Partido Popular quere coñecer “a folla de ruta que seguirá Lara Méndez para desbloquear o contrato do transporte urbano”. Os populares están preocupados porque temen que a “falla de toma de decisións da alcaldesa retrase, ainda máis, a resolución do concurso” esixindo “unha data para a implantación do novo modelo de transporte público”. O concelleiro do PP Antonio Ameijide matizou que “queremos saber en que punto se encontra a contratación do novo servizo que leva case dous anos e medio funcionando cun contrato caducado despois de 50 anos de vixencia”.

O popular recordou os despropósitos da tramitación deste expediente “primeiro a falta de previsión do PSOE por deixar caducar un contrato que tiña unha data fixa de remate (16 de maio de 2013); segundo, a súa falla de traballo por demorar durante anos os trámites para a súa  readxudicación e, en terceiro lugar, por aprobar un prego de condicións, manifestamente mellorable, xa que deixa en mans dunha empresa privada decidir o futuro modelo de transporte da cidade”. “Pasaron moito tempo aprazando e supeditando a implantación do novo sistema de transporte público cando a única proposta que presentan é excesivamente continuísta e desfasada”.

Un aspecto que preocupa nas filas dos populares son os problemas que están xurdindo no proceso de contratación agardamos que este novo goberno “non sega a estela do anterior no que cada contrato acababa inmerso nunha interminable espiral de problemas legais ou xudiciais”. ““É necesaria unha maior celeridade nos trámites non só pola mellora do servizo senón tamén porque hai que ir erradicando a mala praxis que hai neste concello de pagar a empresas con contratos caducados” indicou o edil do PP.

Os populares informaron que están á espera de que se lles facilite ó acceso ao expediente e tamén reclamaron información sobre os ingresos e gastos da explotación, beneficio industrial, e número de viaxeiros dos últimos anos.

O Partido Popular pide ao goberno de Lara Méndez que faga unha aposta polo transporte público especialmente nesta nova etapa na que se prevén graves problemas de mobilidade, como consecuencia da suspensión do sistema ORA sen medidas alternativas. Antonio Ameijide considera prioritario promover un transporte con liñas que cubran toda a cidade e o rural, con trasbordos gratuítos, que se aposte polas novas tecnoloxías (wifi autobuses, App …) e paradas mellor situadas e máis cómodas para os usuarios.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies