TráficoUrbanismo

O PP ve un desacerto a elección de adoquíns para espazos que os socialistas aspiran converter en peonis

By 31 Xaneiro, 2017Sin comentarios

O vicevoceiro popular criticou o pavimento de adoquín que se escolleu para Soto Freire xa que “malia que se acondicionou metro e medio de ruta accesible o resto do espazo non é o idóneo para  peóns e é intransitable para as persoas con mobilidade reducida”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide cuestinou que o equipo socialista utilizase un pavimento de adoquín en máis do 90% do espazo da rúa Soto Freire, esquencéndose dos problemas de accesibilidade que xerará esta decisión se ao final esta vía queda como peonil”. Antonio Ameijide considera “un desacerto” que se seleccionase este material “cando o adoquín se está substituíndo, en moitos puntos, polos problemas de mobilidade que presenta para os peóns”.

O popular lembrou que en Lugo “temos en Lugo exemplos de que o uso deste tipo de pavimentos provoca numerosas queixas veciñais como é o caso da Praza da Soidade (recentemente fixérose rutas accesibles) ou a beirarrúa da ronda da muralla que practicamente ninguén utiliza polo incómoda que é”. “Non estamos en contra de que se empregue o adoquín pero para evitar cambios no futuro, por problemas de accesibilidad, se debería ter planificada a súa colacación á inversa e dunha forma máis racional ”.

De feito, os populares afirman que “malia que en Soto Freire se acondicionou un tramo de ruta accesible non ten ningún sentido que no resto do espazo, se teñen previsto que sexa para uso peonil, se emprege este pavimento, intransitable para persoas con movilidade reducida”.

Regulamento tráfico

 Trala rehabilitación do vello cárcere e a punto de que remate o prazo para que se entregue a obra os populares denuncian que se descoñeza como se vai regular o tráfico “os veciños queren saber se van a utilizar, a modo de rotonda toda a manzana, para que os vehículos que van á consigna da Estación de Autobuses ou que entran aos garaxes accedan pola rúa Dinán”. Mentres non se determina como funcionará o acceso rodado a este punto o popular pide que se garantice e se mellore a sinalización da entrada aos garaxes e consigna da Estación de Autobuses que hai nesta vía alertando que o vado da rúa Dinán moitas veces o bloquean vehículos.

Amijide alertou da “situación de provisionalidade da sinalización xa que é moi precaria, e tamén pediu que se retiren as vallas que hai praza xa que supoñen unha barreira innecesaria”. O popular tamén suxeriu que para evitar que se converta a zona nun espazo de aparcamento indiscriminado se leve a cabo un maior control e vixilancia” .

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies