Zona ORA

O PP ve “outra fraude” a falta de avances na ORA

By 2 Xuño, 2016Sin comentarios

 O vicevoceiro do Partido Popular, Antonio Ameijide, denuncia que “dende hai case medio ano” non se deu “nin un mínimo paso” para a implantación dun sistema de estacionamento “gratuíto e integramente controlado polo Concello”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou esta maña en rolda de prensa que a falta de avances nun sistema alternativo á ORA é “outra fraude máis” da alcaldesa e do novo goberno municipal, “herdeiro dos mesmos vicios e das mesmas inconsistencias” do anterior.

Nesa liña, Ameijide criticou que dende o 4 de xaneiro de 2016 non se volvera reunir a Comisión de Municipalización deste servizo, “creada a instancias dunha iniciativa do PP e respaldada polos outros grupos da oposición”. “Dixémolo antes, durante e despois a campaña: nós defendemos un modelo que garanta a rotación en determinadas zonas, controlado dende o Concello e gratuíto, acompañado dunha reordenación integral do transporte urbano e da habilitación de espazos de estacionamento alternativos”, insistou o vicevoceiro popular, ao tempo que lamentou que “os socialistas se desentendan da morea de queixas de lugueses pola imposibilidade de atopar un estacionamento, nun problema enconado que este goberno rematou de enquistar”.

Para o popular, “o caos no aparcamento da cidade e todas as queixas que suscita avala, un ano despois, o que dende o primeiro momento dixemos dende o PP que era unha arroutada e unha irresponsabilidade da alcaldesa”.

Falta de liquidación.-

Por outra banda, o vicevoceiro popular acusou aos socialistas de “poñer en risco” bens municipais, xa que os posibles embargos da Seguridade Social a esta empresa por impagos pode repercutir en propiedades que, unha vez rematado o contrato, deberían pasar a ser de titularidade municipal, de acordo co prego de condicións. Nese senso, Ameijide explicou que “se no seu momento o goberno municipal tivese realizado en tempo a liquidación do contrato coa empresa, os tres vehículos, os parquímetros e outros equipamentos (vallas, radios…) xa estarían a disposición do Concello en lugar de estar en perigo de verse embargados, pero esas son as consecuencias que nos deixa a nefasta xestión do anterior e do actual goberno socialista”.

Por último, Antonio Ameijide asegurou que “tanto lle consentiron e tanto lle seguen consentido os socialistas á empresa que case un ano despois o Concello segue sen ingresar sequera o último mes do servizo e sen facer a liquidación”. “Molestáronse tan pouco que nin sequera acudiron retirar polo menos parte do material que corresponde ao Concello, algo que incluso lles pediu a propia empresa nunha reunión entre a empresa e a Administración municipal”, revelou. “É dicir, perdemos os lugueses como condutores e tamén economicamente, mentres que a que gaña é a mesma que gañou durante cinco anos nos que seguiu recadando e explotando o servizo malia a ter o contrato anulado xudicialmente, algo do que son responsables a partes iguais o anterior goberno e o actual”, concluíu. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies