Infraestruturas

O PP urxe o desdobramento e o alumeado da Ronda Norte para garantir a seguridade dos usuarios

By 26 Abril, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal de Lugo xunto cos senadores do Partido Popular achegáronse esta mañá ata á Ronda Norte para reivindicar unha das débedas históricas que ten o Goberno central co concello de  Lugo

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo mantiveron unha xuntanza cos  senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro e Rosa co obxecto de abordar os deberes que ten o Goberno central en Lugo.

Entres eses debes da administración central co municipio está a Ronda Norte, unha infraestructura que é fundamental na vertebración da cidade e que soporta unha intensidade de circulación moi importante xa que é a principal vía de acceso ao polígono das Gándaras e a zona norte de Lugo.

Para o Partido Popular é “fundamental e prioritario” acometer o alumeado e o desdobramento da Ronda Norte. “Acabamos de comprobar como só unha parte desta vía conta con iluminación, un treito pequeno, duns 50 metros nunha vía de 3 quilómetros, polo que é prioritario dotala de alumeado para mellorar a visibilidade e a seguridade dos condutores”, sinalaron.

Os populares tamén consideran que é agora o momento de impulsar o proxecto do desdobramento da Ronda Norte “non só se mellorará a accesibilidade ao polígono das Gándaras á autovía, ademais se gañará en comodidade e seguridade para os lucenses que residen na zona norte da cidade e que utilizan esta infraestructura a modo de circunvalación.

Carballo e Barreiro coincidiron en salientar a importancia desta proposta que trasladarán ao goberno de Sánchez porque “hai que deseñar unhas infraestructuras do século XXI: seguras e que respondan ás necesidades dos empresarios”. Os populares subliñaron que o desdobramento da Ronda Norte é de vital importancia xa que moitos dos vehículos pesados e de grandes dimensións que a utilizan para acceder á zona industrial teñen dificultades para realizar algunhas manobras debido a que hai só un carril en cada sentido de circulación.

Precisamente esta é unha vella demanda dos empresarios do polígono das Gándaras tal e como nos trasladaron en diferentes encontros polo que “sería interesante abordar de inmediato este proxecto sobre todo tendo en conta de que a Xunta de Galicia está a realizar os traballos de ampliación das fases 2 e 3, polo que é moi previsible que a densidade de circulación se intensifique debido ao aumento de empresas que se asenten no polígono”.

Dende o Grupo Popular indicaron que estes traballos terían que ir da man do arranxo das súas vías de servizo, xa que hai treitos nos que é imposible circular polo elevado número de fochancas existentes.

Responder

1 × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies