#Facendocidade#LugoaExameInfraestruturas

O PP urxe ao goberno local a que poña a disposición os terreos e axilizar a concesión das licenzas para instalar antenas que garantan a cobertura móbil de 15 núcleos da zona rural

By 13 Novembro, 2024Sin comentarios

• O PP di que “Lugo leva dous anos perdidos para dar cobertura de telefonía móvil para 15 núcleos da zona rural” un proxecto que se enmarca dentro do convenio asinado entre axencia para modernización tecnológica de Galicia (AMTEGA) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP)

• A voceira popular reclama “celeridade e máis traballo na posta a disposición dos terreos, así como axilizar a concesión de licenzas das parcelas que se precisan para colocación das antenas necesarias para garantir este servizo básico en BACURÍN, CARRICOVA, O BURGO, HOSPITAL, SAN PEDRO DE ABAIXO E DE ARRIBA E CABANAS ALTA, LOCAI, MARCOI, RIOBÓ, VILARIÑO, GONDAR e TORIBLE e MIÑAO”

• Elena Candia: “O goberno local non ten claro o que é importante para a cidadanía, pedimos máis xestión e menos reunións propagandísticas” recriminando que “se retrasa un servizo esencial para a veciñanza porque non o consideran prioritario”

REUNIÓN INFORMATIVA CO DELEGADO DA XUNTA

• A voceira do Grupo Popular Elena Candia, nunha reunión de traballo que se celebrou esta mañá con Delegado Territorial, Javier Arias, se interesou polo estado da cobertura de telefonía mobil dos 15 núcleos que dependen do convenio marco de AMTEGA e FEGAMP

• Infórmase que dende xaneiro de 2023 o concello trasladou que tiña unha única parcela. A Xunta enviou diversas comunicacións insistindo na importancia de dispor dos terreos axeitados para dotar de cobertura a estas poboacións; e, en xullo de 2023, envíase outra nova comunicación advertindo que a data límite para dispor de parcelas era o 15 de setembro.

• Urximos a que o concello de Lugo ceda os terreos. Pois só así será posible cumprir cos prazos e evitar a perda das subvencións coas que se financia este proxecto para dar cobertura aos núcleo de
ALTA, LOCAI, MARCOI, RIOBÓ, VILARIÑO, GONDAR e TORIBLE.

• Tamén urximos a que o goberno local axilice a tramitación da concesión de licenzas para a execución das torres e acometidas eléctricas necesarias para dar cobertura a BACURÍN, CARRICOVA,O BURGO, HOSPITAL, SAN PEDRO DE ABAIXO E DE ARRIBA E CABANAS.

• Por último non se contempla a ejecución de ningún outro emprazamento polo que se deixa fóra da cobertura a MIÑAO.

• Elena Candia reflexionaba que “aínda estamos a tempo de garantir a cobertura para todos estes núcleos, pero é prioritario que o goberno local actúe sen máis demora. Non podemos permitir que a súa falta de axilidade comprometa proxectos que mellorarán a vida dos nosos veciños e veciñas”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies