- A concelleira popular Mar Carballas explicou que “a razón do avance tan lento nestas intervencións é porque están condicionadas a que se aproben os modificados das intervencións” salientando que “detrás deste retraso queda en evidencia que hai un problema económico, técnico e xurídico”
- A edil do PP indicou que “o feito de que os modificados da obra de Santo Domingo así como o do tramo entre a porta de Bispo Odoario e a Praza do Ferrol estéan sen aprobar dificulta que as obras avancen ao bo ritmo” lamentando que “os compromisos adquiridos pola alcaldesa hai máis dun ano, a día de hoxe, estean sen materializar”
- A concelleira popular explicou que dende o 31 de xullo o Grupo Popular solicitou acceso e copia aos últimos modificados das obras e dende esa data ainda non conseguimos a información porque non existe pese a que reiteramos esta petición ata en catro ocasións máis: o 13 e o 23 de agosto, o 20 de setembro e hoxe mesmo 1 de outubro”
- Mar Carballas quixo agradecer a atención dos funcionarios recriminando “a falta de vontade de PSOE e BNG para poder fiscalizar esta documentación, así como a falta de vontade política para acabar axiña esta intervención, tal e como se pode comprobar cos prazos que se incumpren de forma sistemática, e as prórrogas que só agravan a situación”.
- “Estamos sorprendidos porque Alvarellos reclama a outras administracións celeridade en obras como a da intermodal, mentres que nas intervencións que dependen dela acumulan retrasos; causan trastornos ao veciños e perdas económicas aos comerciantes”
- A concelleira popular tamén considera “insultante” que a alcaldesa intente minimizar o feito de que falten os modificados dando a entender que para as próximas eleccións os lucenses xa non se acordarán dos perxuizos e trastornos que ocasionaron os retrasos das obras”.