InfraestruturasMedio Ambiente

O PP urxe ao Concello a retirada “inmediata” do dique da fábrica da luz

By 7 Outubro, 2016Sin comentarios

 O voceiro popular Jaime Castiñeira destaca que o Concello de Lugo, “promotor e autor do estudo de impacto ambiental para a construción do dique”, é “o primeiro responsable de dar solucións ao problema que el mesmo xerou”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular Jaime Castiñeira instou esta mañá en rolda de prensa ao goberno local a proceder á retirada “inmediata e urxente” do dique da fábrica da luz.

Logo de que trascendera a decisión do Ministerio de Medio Ambiente de sancionar ao Concello cunha multa por importe de 180.000 euros por esta construción, a administración municipal “como promotora e autora do estudo de impacto ambiental é a máxima responsable  de dar solucións aos problemas que ela mesmo xerou”. Neste senso, afondou en que “remátase o tempo para acometer a desmontaxe, dado que a época de estiaxe está a piques de rematar e o único que fai o Concello é enredar e dar voltas sobre si mesmo sen dar solucións, posto que, coma sempre, prefire botar balóns fóra que asumir as súas responsabilidades”.

Ademais, o voceiro popular, que cualificou a situación de “moi grave”,  criticou que “nin sequera o Concello de Lugo dera cumprimento ao acordo plenario adoptado a semana pasada para iniciar os trámites de demolición deste dique”. “É incomprensible que non dera nin o primeiro paso, que é o de trasladar a todas as administracións implicadas a vontade de dar este paso”, subliñou.

Por outra banda, Jaime Castiñeira apuntou que “con independencia de que o Concello logo intente repercutir este custe sobre a concesionaria e con independencia de calquera recurso que poida interpoñer á sanción do Ministerio, o que non pode continuar é pasando o tempo sen que haxa unha acción contundente que debería terse executado hai semanas”. Deste xeito, sinalou que “igual que o Concello lle esixe a calquera administrado que cumpra a lei, el debería ser o primeiro en facelo”.

Así mesmo, o voceiro popular destacou que “estamos diante doutra das conscuencias das manobras de Liñares que blinda esta alcaldesa, exactamente igual que acontece coa denuncia xudicial coñecida hoxe pola prórroga de facto á empresa do guindastre”. “A alcaldesa tivo moitas oportunidades para desvincularse deste tipo de prácticas pero o único que fixo foi seguidismo delas e validalas día tras días”, aseverou.

Declaración servizos esenciais.-

Durante a súa comparecencia o popular tamén aludiu á declaración de nove servizos esenciais, da que dixo que “a falta de estudar a documentación completa, o único que atopamos é un informe da directora xeral de recursos humanos que non vén acompañado por ningún documento de ningún dos responsables das áreas en cuestión”. “Polo tanto, vénse a confirmar o que dixemos no pleno de que a creación desta dirección xeral era un capricho político de Lugonovo ao que accedeu ao PSOE pero que deixa de lado as verdadeiras necesidades de Persoal”, asegurou Jaime Castiñeira.

“En calquera caso, botamos en falta que non exista unha vontade política real de prestar con maior dilixencia, celeridade e calidade todos os servizos públicos municipais, comezando polo de Augas, o electromecánico ou por suprimir un dos dous guindastres; e non entendemos que de todo iso non se fale na proposta”, concluíu.

Responder

17 + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies