O PP teme que o BNG repita en 2021 o modelo do San Froilán pasado baseado en contratos a dedo a agrupacións afíns

By 8 Xullo, 2021Cultura

O PP lamenta que a menos de tres meses  do San Froilán o bigoberno convoque a Comisión de festas para comunicarnos que “non ten nada feito deixando á improvisación de última hora a organización das patronais”. “Se nos convoca para xustificar que están facendo algo e que nos dan participación cando a realidade é xusto a contraria: non teñen intención de planificar e innovar nada ”.

Malia que entendemos as limitacións que pode supoñer a pandemia “non pode ser que PSOE e BNG a utilicen de excusa da súa falta de traballo e para ocultar que non teñen tomada ningún tipo de decisión sobre como queren que sexa o San Froilán”. Con respecto aos caldeiros do polbo nin tan sequera teñen feitas as bases, no tocante as barracas tampouco se comprometen xa que afirman que non saben como poden controlar os aforos. Dende o PP critican que unha vez máis o BNG rexeite consensuar quen pregoará e quen será o oferente nas patronais de Lugo e lle recordan que no seu día houbo un sistema rotatorio para que cada ano un grupo político designase a estes persoeiros “mágoa que a PSOE e BNG agora que gobernan lles interesa máis pasar o rodillo”.

Á vista da falta de contido da Comisión de festas os populares sospeitan que o BNG co consentimento do PSOE vai repetir o modelo de festas do ano pasado baseado en contratacións menores a dedo aos seus afíns.  A vindeira comisión de festas se programa será para o mes de setembro.

Leave a Reply

seven − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies