Infraestruturas

El PP se reunirá con los vecinos de Marqués de Ombreiro por la chapuza y las numerosas quejas vecinales del carril bici

By 1 Xuño, 2021Sin comentarios

Antonio Ameijide explica que los vecinos del barrio se pusieron en contacto con los populares para explicar los cambios que, bajo su punto de vista, tendrían que acometerse para tener un carril bici más seguro y que no genere polémica entre la ciudadanía, ya que los vecinos temen que este carril hundo sus negocios y complique el día a día en el barrio

Os veciños de Marqués de Ombreiro queren que o goberno local plantexe doutro xeito o carril bici que percorrerá a súa rúa e as adxacentes, xa que explican que lles afectará negativamente no seu día a día, xa que, de primeiras provocará a perda de 100 prazas de estacionamento, só na rúa Marqués de Ombreiro, nunha zona na que a maior parte das vivendas carece de garaxes privadas.

Ante esta situación, Antonio Ameijide explica que o Grupo Popular realizará unha xuntanza cos veciños afectados para recoller todas as queixas e poder estudar as posibles solucións que trasladar ao goberno local co fin de que o carril bici que haberá nesa zona sexa útil e seguro e que os veciños non se vexan afectados.

Neste senso, a primeira das solucións que expoñen os veciños é que o carril bici percorra á marxe contraria da vía na que se dispón, xa que dese xeito se evitará a perda de 100 prazas de estacionamento nunha zona na que é moi complicado aparcar e na que os veciños non dispoñen de garaxes privados.

Outra das principais preocupacións do veciños de Marqués de Ombreiro é o quiebro que deseñaron na vía, á altura do edificio número 25, onde se eliminaron varias prazas de aparcamento para manter o dobre carril de circulación xunto ao carril bici. Explica Antonio Ameijide, despois de visitar a zona, que o trazado resultante “é estraño e perigoso” debido a que nun treito moi pequeno deseñouse un quiebro para evitar unha vivenda que invade parte da calzada, polo que tanto vehículos como bicicletas terán que estremar as precaucións. “Pensamos que neste punto hai que buscar unha solución máis axeitada”, apunta.

Tamén están preocupados os veciños polo cruce das rúas Ameneiro e Marqués de Ombreiro. O carril bici baixará pola rúa Ameneiro dende a Avenida das Américas e os usuarios que baixen por aquí terán que cruzar o tráfico para incorporarse de novo a carril bici en Marqués de Ombreiro.

Outro punto de conflito é a zona de carga e descarga habilitada ao inicio de Marqués de Ombreiro, nunha zona na que hai un supermercado moi concorrido. Agora a zona de carga e descarga estará na outra marxe da rúa, polo que os transportistas terán que cruzar a vía para entregar a mercancía, co conseguinte aumento do risco.

Ameijide tamén pregunta ao goberno local que farán cos colectores do lixo. Todos os puntos de depósito están na marxe agora destinada ao carril bici, polo que se o bigoberno opta por colocalos na marxe contraria á actual aumentará o risco para os condutores, xa que estes invadirán a vía.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies