Urbanismo

O PP recrimina que a falta de interese da alcaldesa por facilitar a planimetria do 5% do PXOM

By 14 Xuño, 2022No Comments

Ameijide: “a catro días da sesión aínda nos acaban de entregar a planimetría cos cambios en 70 núcleos rurais e en 17 urbanizables” despois de haber solicitado unha reunión coa alcaldesa hai sete días

O Partido Popular trasladou hoxe á Comisión de Urbanismo a súa queixa porque “a catro días do pleno para aprobar o 5% do PXOM non tiñamos a planimetría do que se vai someter a aprobación do pleno”.

Os populares manifestaron que “non se trata de botar balóns, nin de negarse a reunirse co grupo que necesita para aprobar este documento”. “A alcaldesa na súa soberbia habitual non foi quen de descolgar o teléfono para informarnos e ofrecernos a información completa, tal e como se esperaba ao tratarse dun tema de calado como este”. Ameijide lembrou como o pasado día 7 de xuño lle solicitamos unha xuntanza para coñecer a documentación que se tiña previsto elevar a pleno”. “Se queren buscar un consenso o mínimo é tender puentes” aclarando que “con actitudes coma esta Lara Méndez demostra non está á altura do cargo de alcaldesa”.

O popular Antonio Ameijide indicou que “nós precisamos tempo para analizar a documentación porque somos responsables e non aceptamos o trágala que impón Méndez” lembrándolle que “cos oito concelleiros que son non poden sacar adiante o PXOM xa que precisa de maioría absoluta e o seu socio de goberno, o BNG, dálle as costas neste asunto”.

Dito isto, o popular explica que “ninguén pode poñer en tea de xuizo o interese do grupo popular por aprobar na súa totalidade o Plan Xeral de Lugo xa que dende o minuto un traballamos presentando millerios de alegacións para mellorar este documento”. “Non era o noso plan pero era mellor un mal plan que non ter ningún”.

Grazas ao PP e a súa campaña informativa a pé de rúa, así como ao asesoramento personalizado dende a oficina municipal, salváronse milleiros de edificios de diferentes barrios, un 20% do parque inmobiliario, que quedaban afectados por exceder alturas ou ter fondo máis edificable do permitido, libramos de quedar fóra de ordenación a máis de 20 naves do Ceao (toda a marxe esquerda da Avenida Benigno Rivera), así como unha vintena de vivendas  da subida de Nadela pola ampliación da N-VI; tamén salvamos ao 80% dos dúplex que estaban afectados porque tiñan máis pendente da permitida.O Partido Popular tamén pediu, na medida do posible, o crecemento ordenado  no perímetro dos núcleos. Solicitou ampliar a parcela mínima a 600 m2 duplicando o que figuraba plan e coas nosas alegacións conseguimos suprimir as construccións “en ringleira” agás en núcleos consolidados.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies