Medio Ambiente

O PP pide a retirada dunha árbore caída no Paseo do Miño á altura do restaurante ‘Os Robles’

By 14 Xuño, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares instan ao goberno local a realizar as xestións oportunas para proceder á retirada desta árbore, caída sobre o paseo dende hai dúas semanas, xa que é unha molestia para os centos de lucenses que a diario empregan esta zona para pasear e agora que coa chegada do verán elixen esta zona para pasar o tempo de ocio

O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno local que realice as xestións oportunas para proceder á retirada dunha árbore caída sobre o paseo do Miño, á altura do restaurante Os Robles, e que leva aí tirada unhas dúas semanas, aproximadamente.

Sinalan os concelleiros populares que son moitos os lucenses que amosaron o seu malestar por esta situación, tendo en conta que xa pasou un tempo máis que prudencial para proceder á retirada da árbore.

Os populares tamén sinalan que sería preciso realizar un estudo de todas as árbores da zona para coñecer o seu estado de saúde, sobre todo agora que coa chegada do verán esta zona contará con centos de usuarios a diario, ben sexa para pasear, facer deporte, bañarse no río ou pasar o tempo de ocio.

Responder

seventeen − 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies