Infraestruturas

O PP recrimina a falta de planificación do goberno local nas obras de mellora das beirarrúas e a iluminación na Residencia

By 9 Marzo, 2024Sin comentarios
  • A política de repetir unha mentira mil veces para confundir á cidadanía fracasou neste barrio, que hoxe disfruta dunha segunda vida grazas ao esforzo inversor da Xunta a pesar das manifestacións do goberno local poñendo en entredito e cualificando de fume os orzamentos do goberno autonómico para o barrio, ata que a realidade os sobrepasou
  • Os populares explican que, a estas alturas, se descoñece cando comenzarán as intervencións que anunciou o Concello o pasado 5 de decembro para ampliar beirarrúas e poñer novas luminarias recriminando o retraso xa que “sabían que o complexo sociosanitario estaría en funcionamento en 2023 e, como sempre, non anticiparon as obras” o que ratifica a sú falta de xestión e neglixencia
  • Elena Candia contrapón “a política de feitos da Xunta coa política de confrontación e de falsidades do goberno local: a Xunta fai cidade e inviste no barrio e o goberno local o único que fixo en dúas décadas foi construir un carril bici que non se utiliza e que limita a actividade económica do barrio”
  • No Encontro Aberto que se celebrou coa veciñanza da Residencia a voceira popular Elena Candia explicou que “hoxe o proxecto da transformación do barrio da Residencia é unha realidade” destacando tamén “o traballo da iniciativa privada que aposta polo barrio” e lamentando que “coma sempre, o concello de Lugo, quede ao marxe e sega ignorando as posibilidades que ten esta zona”
  • Dende o Partido Popular pensamos que o goberno local debe implicarse e impulsar unha intervención máis ambiciosa na Residencia avanzando que solicitará “que se modifique o trazado do carril bici no entorno do CIS, que penaliza de maneira brutal o seu desenvolvemento, así como plans específicos de limpeza integral, a cobertura do parque infantil da fonte dos Ranchos ou a sinalización das prazas de minusválidos, entre outras cuestións.

FEITOS DOS GOBERNOS DO PP NO BARRIO DA RESIDENCIA

  • Hoxe o antigo Hospital Materno alberga o PRIMEIRO CENTRO INTEGRAL DE SAÚDE DE GALICIA  onde xa funciona “a base del 061; un centro de saúde e PAC con 46 consultas; unha área de saúde mental con 22 consultas e espacios especializados en saúde bucodental, fisioterapia, saúde da muller ouradiodiagnóstico.
  • Na que foi a antiga Escola de Enfermería funciorá a partir do vindeiro luns 18 de Marzo a OFICINA ÚNICA DE EMPREGO de Lugo
  • Tamén se referiu a  CENTRAL DE BIOMASA que xerará enerxía para todo o complexo
  • Outra infraestrutrura que proximamente abrirá unha NOVA RESIDENCIA DE MAIORES con 120 prazas
  • Dende a Xunta co ánimo de facilitar o aparcamento nunha zona estrangulada polo carril bici que implantou o goberno local está construíndo un NOVO APARCAMENTO DISUASORIO na AVENIDA BREOGÁN  con 150 PRAZAS
  • Elena Candia tamén explicou como a presión do  PP tamén foi clave para desbloquear a construción dunha nova COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL e conseguimos que esta infraestructura se quedase na zona norte.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies