O PP recorda ao goberno local que aínda ten pendente a reorganización do tráfico de Augas Férreas para gañar prazas de aparcamento

By 22 Setembro, 2021Tráfico, Transporte urbano

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide recorda que en setembro de 2016, a iniciativa do PP, o pleno aprobou unha proposta para realizar un estudo de tráfico que avaliase a posibilidade de implantar estacionamentos en batería ou novos carrís de aparcamento no entorno de Augas Férreas

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, fai unha proposta en positivo no Día Europeo da Mobilidade, unha proposta xa aprobada en pleno, en setembro de 2016, a iniciativa do PP, pero que o goberno local meteu nun caixón “sen dar explicación algunha”: trátase de realizar un estudo de tráfico nas rúas das inmediacións da Praza das Augas Férreas para avaliar a posibilidade de ampliar as prazas de estacionamento de vehículos.

Antonio Ameijide sinala que o entorno de Augas Férreas é, tradicionalmente, un dos puntos nos que máis complicado é estacionar, xa que se trata dunha zona na que hai numerosas vivendas e negocios que converten a esta zona nunha das máis dinámicas da cidade, con gran movemento de vehículos e poboación.

Falamos de que nesta zona abundan as rúas de único sentido que, en moitos casos, contan con dous carrís de circulación (como poden ser as rúas Cantigas e Flores ou Círculo das Artes), polo que unha posible solución sería a eliminación dun dos carrís de circulación e a adopción de aparcadoiros en batería nunha das marxes xa que aumentaría notablemente o número de prazas de estacionamento dispoñibles. “Non se trata de algo que acabamos de descubrir, se non dunha solución que xa se puxo en marcha noutros puntos da cidade, como o contorno do HULA”, sinalou.

Para o popular esta alternativa “é viable” xa que funciona noutros puntos da cidade e se vería apoiada pola recente reducción da velocidade a 30km/h en moitas rúas da cidade, algo que contribúe a que esta posible solución sexa viable.

A realidade é que cómpre buscar unha solución para esta zona da cidade, xa que é un dos puntos nos que os veciños teñen máis complicado atopar prazas de estacionamento, sen olvidar que se trata dunha zona na que se concentra a maior parte dos estudiantes universitarios, ademais de contar coa sede da UNED, polo que o fluxo de circulación de persoas é constante.

Medidas que se deberían de apoiar na creación de zonas específicas para o estacionamento de motos e bicicletas, algo que “non sabemos se será posible” xa que tanto Méndez como Arroxo esqueceron que é fundamental que o carril bici chegue a todos os barrios da cidade, con consenso para evitar problemas como os de Marqués de Ombreiro e A Residencia.

Seguindo en materia de mobilidade, Ameijide lamenta que Arroxo e Méndez renuncien á gratuidade do transporte urbano para menores de 18 anos, parados, xubilados e familias con escasos recursos. Se queren apostar pola mobilidade en Lugo e facilitar os desprazamentos “é preciso ter empatía” e recorda que se o BNG votou en pleno a favor da gratuidade do servizo para todos estes colectivos “é imposible de entender o seu cambio de postura agora que pisan moqueta”.

Medidas que se deben acompañar da creación dunha APP móbil así como a integración das liñas de transporte na popular aplicación de Google, para facilitar a mobilidade aos lucenses e turistas.

Leave a Reply

8 − one =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies