Economía

O PP reclama un Plan de Contratación Municipal para planificar e dar transparencia aos contratos

By 14 Setembro, 2020Setembro 21st, 2020Sin comentarios

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide dice que este instrumento é imprescindible nestes tempos do covid xa que a contratación pública vai ser unha peza clave na reactivación económica”

O PP propón poñer en marcha un Plan  de contratación co ánimo de mellorar o funcionamento do Concello e conseguir un maior rendemento dos recursos tanto materiais como personais dos que dispón. “Con este informe de situación garantiríamos a transparencia e a certidume nos contratos” matizaba o vicevoceiro popular quen lamentaba “o abuso excesivo que hai no Concello de Lugo polos contratos menores, así como, o absoluto descontrol con decenas de contratos caducados”.

Ameijide explicou que “con este plan se favorece aos licitadores (autónomos e empresas) xa que se lles facilita a planificación e presentación de ofertas para a contratación dunha maneira máis eficaz e transparente e, por último, se favorece á organización interna xa que ao ter unha previsión de contratación se solucionaría o problema dos contratos caducados evitando os reparos de legalidade” e tamén se programaría os que están a punto de caducar”.

O vicevoceiro popular indicaba que “hai que poñer luz e taquígrafos á contratación municipal” engadindo que unha fórmula sería a de “publicar este cronograma de contratación no portal de transparencia e no perfil do contratante”.

“Pensamos que esta proposición dun plan plurianual de contratos é agora máis necesaria que nunca xa que a contratación pública vai ser unha peza clave na reactivación económica e na xeración de emprego nestes tempos de covid”

O Plan plurianual de contratación recollerá a relación de todos os contratos municipais desglosados por área: obxecto, importe, duración, estado do contrato para chequear se caducou ou non, incidencias e modificacións ou ampliacións que sufriu o mesmo. Deste xeito, este informe ofrecerá unha foto fixa perfecta da situación de todos os contratos do Concello de Lugo permitindo unha mellora importante na organización interna municipal e impedindo a desorganización actual na que nos atopamos con ducias de contratos caducados por un valor de millóns de euros.

De forma paralela este plan plurianual debe conter un cronograma coas licitacións a curto e medio prazo, permitinto que as empresas e autónomos poidan coñecer os plans de contratación municipal e estar atentos ás futuras convocatorias “evitando opacidades, e desinformación e, por outro lado, combatindo as informacións privilexiadas”. O feito de dar información previa das contratacións contribuirá a que se reduzan os prazos nas licitacións.

Os populares explican que noutros concellos galegos xa implantaron planes de contratación o último foi o municipio de Santiago que en xuño impulsaba este novo instrumento de planificación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies