Cultura

O PP reclama protexer e activar á Banda Municipal de Lugo por tratarse dun ben público e histórico

By 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

A concelleira popular Beatriz Vázquez pide a intermediación da alcaldesa para recuperar a Banda Municipal de Lugo, tan unida á vida da cidade de Lugo dende hai décadas, e que está en perigo inmediato de desaparecer polo deixamento de PSOE e de BNG

O Grupo Municipal do Partido Popular propón á alcaldesa que “rescate da incertidume na que está sumida á Banda Municipal de Lugo” e que declare “cales son as súas intencións reais de futuro para unha agrupación que foi un orgullo cultural singular para todos os lucenses”.

A concelleira popular Beatriz Vázquez avanzou que proporá no próximo Pleno “facer o  esforzo necesario por parte dos dous partidos do bigoberno para impulsar á Banda Municipal” aclarando que “non se explica o que pasa no Concello de Lugo cando noutros municipios, que dispoñen de moito menos orzamento, poden presumir e disfrutar da música das súas Bandas Municipais (Vilalba, Ribadeo, etc)”.

A edil popular considera “inaudito que a Banda Municipal de Lugo estea desaparecida polo deixamento dos sucesivos gobernos de esquerdas de Lugo”. “Semella que prefiren privarnos desta agrupación para gastar fondos públicos nas agrupacións afíns e nos seus amigos abusando da fórmula dos contratos menores” reflexionaba a edil do PP.

Beatriz Vázquez propón que neste Plan de recuperación da Banda Municipal “que se fixen nun calendario as accións necesarias para recuperala e se sometan periodicamente a un control dos diferentes grupos políticos da corporación”. “É preciso estudar os postos necesarios e a súa categorización, as modificacións periódicas da RPT, as convocatorias periódicas de prazas de músico de especialidade, as convocatorias periódicas de concursos de promoción interna, etc., incluíndo as actuacións que o goberno fará para desbloquear a falta do director da Banda, xa que dende novembro de 2016 a praza está vacante.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies