Cultura

O PP reclama “maior coordinación” na instalación de montaxes na vía pública

By 19 Maio, 2017Sin comentarios

 A concelleira popular Encarna Amigo salienta que “durante a celebración dos concertos da Banda Municipal con motivo do Día das Letras Galegas houbo varias queixas cidadás pola presenza de vehículos no entorno das actuacións”

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Encarna Amigo reclámalle ao goberno municipal “maior coordinación” na instalación de montaxes na vía pública.

Logo de que durante a celebración antonte dos concertos do Día das Letras Galegas “outra vez máis houbese vehículos de fondo, tanto municipais como doutras empresas”, a popular solicita aos socialistas “unha maior sensibilidade para que o tránsito ou a presenza de automóbiles non supoña unha distracción e non empañe un fondo tan emblemático como é o do Concello”.

Nesa liña, a edil popular destaca que “houbo varias queixas cidadás” por este motivo, unha cuestión “moi facilmente subsanable que só precisa dunha mellor planificación que garanta que cando se desenvolva o acto todo o entorno se atope nas mellores condicións posibles”. “Falamos dun pequeno xesto que, sen repercusión económica ningunha, contribuiría a fomentar unha experiencia máis completa tanto para os lugueses como para os turistas, máxime nun día festivo como o 17 de maio”, conclúe.

 

Responder

three × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies