O PP reclama cun manifesto a apertura do Auditorio de Magoi cando se cumpre un ano dende que o concello é propietario do edificio

By 23 Xuño, 2021Cultura

Os populares afirman que este acto reivindicativo é un reflexo da voz dos cidadáns “que queren que, dunha vez por todas, o bigoberno de Lugo se active e abra esta dotación cultural de última xeración no que a Xunta investiu 25 M€”

Baixo o lema #AbrideoAuditorioXa o Grupo Popular do Concello de Lugo convocou un acto para reivindicar a apertura do novo auditorio de Magoi. Esta acción coincide cos 365 días dende que o bigoberno recibiu da Xunta, o pasado 23 de xuño de 2020, as chaves do edificio.

Os populares insisten en que “os veciños e veciñas de Lugo merecen disfrutar canto antes deste auditorio de última xeración no que a Xunta investiu 25 M€”.  O voceiro do PP Ramón Carballo manifestou que “queremos que a alcaldesa e o vicealcalde tracen o camiño para que, canto antes, se poidan utilizar as súas instalacións: tanto as salas interiores como os espazos do seu entorno hoxe invadidos pola maleza”.

Carballo explicou que “os lucenses non queren un lugar desatendido, pechado e olvidado”. O popular indicou que “urxe a súa apertura para brindar oportunidades ao talento das nosas agrupacións culturais, musicais, teatrais que co seu traballo diario reflicten a historia e a idiosincrasia das xentes do noso municipio e provincia.”

A concelleira de cultura do PP, Beatriz Vázquez, foi a encargada de dar lectura a un manifesto no que insistiu en que “se se fai con sentidiño, cunha planificación profesional, sen sesgos nin criterios ideolóxicos, o impacto da posta en marcha desta infraestructura contribuirá á promoción das industrias culturais e creativas galegas e tamén suporá un revulsivo para economía local ademáis de presentarse como un espazo de convivencia e tolerancia onde se promova a diversidade cultural”.

Leave a Reply

6 − 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies