Cultura

O PP reactivará as accións para reclamar a apertura do novo Auditorio de Magoi

By 20 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os populares accederon hoxe ao novo auditorio e comprobaron o estado desta dotación que leva pechada máis de cinco anos “sendo o Concello de Lugo propietario do inmoble dende hai 19 meses”

O Grupo Popular está preocupado pola situación na que está o Auditorio de Magoi “que xa parece vello antes de estrealo”.

Hoxe o bigoberno permitiu o acceso aos concelleiros populares que durante a visita realizada, de preto de hora e media, puideron comprobar algunha das deficiencias que ten o edificio. Entre outros destacan “as consecuencias da humidade e da condensación por falta de ventilación que provocou desconchados en paredes e teitos; hai zonas con charcos sendo curioso o que hai no escenario do auditorio grande onde tamén dilatou o solo e hai fendas”. Tamén é sangrante que “os ascensores nunca funcionaran, e que os extintores non teñan data de caducidade polo tanto están sen timbrar…”. Os populares tamén detectaron presenza de pequenos animais que se coan no interior do edificio (corvos, topos ou pequenos roedores) que tamén poden causar danos propios de calquera edificio pechado, sen mantemento e sen unha mínima climatización

Os populares urxen á Lara Méndez para que tome unha decisión urxente xa que “a medida que pasa o tempo se agrava a situación deste inmoble pechado a cal e canto”. Os populares manifestaron que “á vista de que aínda non se sabe cando se farán as obras para abrir o Auditorio de Magoi” anuncia que “volveremos a organizar accións na rúa para dar visibilidade que Lugo quere que abra esta nova dotación”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies