EconomíaEducación

O PP quere que se imparta en Lugo un novo ciclo superior de formación turística

By 16 Marzo, 2022Sin comentarios

O voceiro popular Ramón Carballo explicou que “somos a única das catro provincias galegas que non conta con esta oferta educativa” polo que na iniciativa que presentamos a pleno instamos á Xunta a que estude a posibilidade para que, no vindeiro curso académico se imparta o grao de ‘guía, información e asistencias turísticas’


O Partido Popular de Lugo solicitará ao pleno que apoie unha iniciativa para conseguir que se imparta en Lugo un novo  ciclo formativo de grao superior de hostalería e turismo

O voceiro popular Ramón Carballo explica que “somos a única das catro provincias galegas que non conta con esta oferta educativa” polo que reclamará á Xunta que estude a posibilidade para que no vindeiro curso académico, no IES Sanxillao, se imparta o grao de ‘guía, información e asistencia turística’ e non descarta que de cara a vindeiros cursos académicos reclamar o ‘grao superior de xestión de aloxamentos turísticos’.

O voceiro popular avoga por “posicionar a cidade de Lugo como destino dun turismo de calidade” e, nese senso, defende “a profesionalización dos mozos e mozas que queiran dedicarse a este sector para proporcionar unha atención e emprego de calidade”.

Carballo espera que esta iniciativa conte co respaldo do resto dos grupos da corporación e advirte que “sería un erro que lle desen as costas a esta petición que xa conta co visto bo da Consellería de Educación”. Nese senso, lembrou como dúas propostas do PP relacionadas co impulso e a consolidación do turismo en Lugo foron rexeitadas, nos últimos anos, polos concelleiros socialistas e nacionalistas. Trátase da petición que fixemos no ano 2021 para que Lugo se presentase como candidata á Capital Gastronómica en 2022 e a súa falta de apoio para traer a Lugo un grado de ciencias culinarias e gastronómicas.

Ramón Carballo pide altura de miras ao bipartito e que “se non quere facer nada serio polo turismo en Lugo, que polo menos vote a favor de propostas que benefician aos veciños e veciñas de Lugo”. Dende o PP levamos anos pedindo un consenso co PSOE para mellorar a formación dos mozos e mozas de Lugo no sector turístico sen éxito” lamenta.

Os populares vén moi oportuno ampliar os ciclos de formación profesional de hostalería e turismo porque defenden que Lugo ten un entorno privilexiado, cun gran peso da restauración, con materias primas e productos de proximidade de primeira calidade, un cóctel perfecto para colocarnos no mapa dos destinos turísticos de referencia de Galicia.

En 2021 abriu un novo hotel de catro estrelas no antigo edificio da Compañía de María e tamén se inauguraron varios albergues ao pé do Camiño de Santiago, ao seu paso polo municipio. O concello de Lugo conta na actualidade, na cidade de Lugo, con 56 establecementos de aloxamento turístico (hoteles, pensións, albergues, apartamentos turísticos, turismo rural) e cunhas 2.780 prazas hoteleiras. A estes datos hai que sumar 159 vivendas de uso turístico.

Responder

nineteen + eleven =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies