O PP quere que Méndez encaixe nos Next Generation un gran párking soterrado no entorno do casco histórico

By 30 Setembro, 2021Infraestruturas

Os populares lamentan que a alcaldesa “rexeite de plano estudar esta proposta coa que se daría servizo e se cubriría a escaseza de prazas de aparcamento que hai no casco histórico e axudaría a impulsar o comercio e os negocios da zona”

O Partido Popular propón á alcaldesa de Lugo que encaixe dentro do deseño da peonalización do casco histórico, que se vai financiar con fondos europeos, a construción dun gran aparcamento para dar servizo ao pequeno comercio, á praza e ao fluxo de visitantes que se achegan ao recinto amurallado  a diario. Unha das propostas lanzadas hai un mes polo PP para estes fondos era precisamente a peonalizción do que falta do casco histórico, pero ten que ir necesariamente unido a dar posibilidades de estacionamento  para a zona, do contrario afundiranse os negocios do casco histórico

Para os populares é unha mágoa que o PSOE e o BNG rexeiten a man tendida do PP para consensuar nunha mesa de traballo todos os proxectos que se financien cos fondos europeos. “Da alcaldesa, esta negativa, era previsible porque é incapaz de recoñecer que dende as filas populares facemos unha política útil para a veciñanza pero, do BNG, sorprende porque tal e como están as cousas “moito nos tememos que non se van a enterar de nada de nada xa que entre os socios do bigoberno o diálogo é cero”, concluíndo “son o mellor exemplo da Pimpinela no que se converteu o bigoberno na política local”.

Antonio Ameijide lembrou a Méndez que o gran cambio do casco histórico foi hai 20 anos cun goberno do Partido Popular “botamos en falta un xesto de xenerosidade da alcaldesa que xa vemos só pensa nos réditos políticos e, de feito, os proxectos que presentan carecen dunha visión completa de aí que rexeite a proposta que hoxe lle fixemos de planificar a peonalización contando coa construción dun gran aparcadoiro soterrado”

Dende as filas populares insisten en que una comisión de control dos investimentos dos fondos europeos é vital para evitar gastos “cuestionables como un carril bici que complica a vida dos veciños de varios barrios; unha pasarela inútil a cinco metros dun paso subterráneo; ou a construcción de piscinas de auga quente dun quentador pegadas ao río. Por non falar de edificios millonarios para os que seguen sen saber que uso lle van a dar, a parte das fotos da alcaldesa.

O Grupo Popular presentou o pasado 23 de agosto varios proxectos  como o impulso das peatonalizacións no casco histórico, a mellora das zonas verdes a través da unión dos parques Rosalía de Castro, Marcos Cela e do Miño ou a unión dos paseos do Miño e do Rato; a mellora da mobilidade na cidade con carris bici útiles, puntos de recarga para bicis, patinetes eléctricos ou coches eléctricos; ampliación aparcamentos disuasorios, creación dun sistema rotatorio do aparcamento gratuíto e mellora no transporte urbano e transporte a demanda no rural.

Leave a Reply

thirteen − 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies