O PP quere que Méndez e Arroxo apoien unha proposición en defensa do Xacobeo e contraria á calquera campaña que o desacredite

By 16 Xullo, 2021Cultura, Turismo

O voceiro do Grupo Popular explicou a hostaleiros de Lugo unha iniciativa que defenderá no pleno encamiñada a apoiar a celebración do Xacobeo. Ramón Carballo indicou que “tras máis dun ano de pandemia, moitos sectores económicos do noso concello confían na reactivación que o turismo pode propiciar e, en especial, no impacto da dobre celebración do Xacobeo 21-22”. Por este motivo manifestou non se entendería un voto en contra da alcaldesa, Lara Méndez, e do seu vicealcalde, Rubén Arroxo, á iniciativa que imos presentar e na que pedimos “o apoio ao Xacobeo, o rexeitamento a campañas que desacrediten esta celebración similares a que lanzaron os xóvenes do BNG e o recoñecemento do Xacobeo como vehículo de proxección exterior de Galicia e, por tanto, tamén de Lugo por onde pasan varios Camiños”.

Carballo argumentou que “as diversas rutas do Camiño de Santiago teñen un impacto directo nos sectores do aloxamento, da alimentación e da restauración, pero tamén producen un elevado impacto indirecto positivo noutros sectores económicos; así mesmo, favorecen o equilibrio territorial e son o mellor mecanismo de promoción internacional da marca Galicia e, por tanto, tamén de Lugo.

Por todo isto, non se comprende que a organización xuvenil do BNG, “Galiza Nova”, presentase o pasado 1 de xullo unha campaña co lema “Rachemos co Xacobeo”, baseada nunhas presuntas consecuencias negativas que o Xacobeo estarían a producir na xuventude e -según eles- por converter a Galicia “nun sector terciario xigante e cun emprego altamente precario”. Ao día seguinte aínda que retiraron a imaxe e o lema desa campaña, reafirmáronse nas denuncias desta campaña.

Os populares insisten en que  “turismofobia” é un fenómeno que entre todos temos que desterrar. Ademais, Galicia conta cun modelo turístico seguro, respectuoso, de calidade e que aporta tranquilidade a quen nos visita.

Leave a Reply

7 − 6 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies